Leanne Wood, lider do Plaid Cymru galés, explica que apoian totalmente a permanencia de Reino Unido na UE e pide reconsiderar tres :
1.- Pide a xente que use o seu voto dada a importancia da decisión a tomar.
2. Que non se faga caso das historias de medo que se están a dar coma argumentos; sair da UE non rematará co problema da inmigracion, nin suporá mais cartos para o Servizo Nacional de Saúde, non parará os recortes, e será un risco para a economía e os traballos en Gales. Esta decisión é mais sobre que tipo de sociedade se quere dexar como herdanza para fill@s e net@s; deixemos que esta sociedade estea basada en cooperación e non en medo, di Leanne.
3.- Pero non por iso mais importante, pide considerar o futuro de Gales. De sair o Reino Unido da UE, e por tanto Gales, quedarían nas mans dos conservadores en Westminster, que non son amigos de Gales. Malia todas as imperfeccións e son moitas, a UE é unha das Institucións que da voz a Gales no mundo. Westminster non o fai, e nunca o fará. A UE redistribúe o benestar entre as rexións mais pobres; Gales se beneficia diso.
O Partido Galés cree que o mellor para o país é votar pola permanencia na UE para ser partícipes das súas decisións e seguir formando parte da familia das Nacións. Remata Leanne Wood: "Por favor, vota REMAIN o 23 de xuño"
Ningún comentario:
Publicar un comentario