Non é nada ilegal mercar barcos con cotas. A campaña #LeaveEU, especialmente dende a prensa inglesa trata con estas falsas acusacións de desmobilizar aos escoceses. O TTIP e a Pesca son dous dos debates mais complexos que se están a dar en Escocia. A todo isto hai que engadir, que unha vez consultados estes datos, podo dicir que o Goberno escocés ten potestade para rexistrar os barcos no seu porto, pero non ten potestade para decidir na distribución das cotas totais de Reino Unido nen lexislar ou cambiar a lexislación de cotas. O Goberno escocés (ao contrario do galego) leva anos pedindo as plenas competencias para poder lexislar e cambiar situación do sector do Mar, xa que ten a maior porcentaxe de costa e de espazo pesqueiro de todo o Reino Unido. Dende Escocia definen esta noticia publicada polo xornal (de extrema dereita) Daily Express como propaganda.
Sexa o resultado que sexa en Reino Unido o 23 de xuño, o goberno español e galego deberían traballar para fortalecer lazos con Escocia.
Sexa o resultado que sexa en Reino Unido o 23 de xuño, o goberno español e galego deberían traballar para fortalecer lazos con Escocia.
http://www.express.co.uk/news/uk/679029/EU-pirates-net-our-fish-Quotas-worth-65m-surrendered-trawlers-EU
RED NATURA
Comentario sobre o Brexit e o artigo publicado polo Daily Express
Aquí tedes a miña pregunta a Alex Salmond (2014) e a súa contestación
http://www.sermosgaliza.gal/articulo/economia/salmond-afirma-frota-galega-teria-acceso-augas-dunha-escocia-independente/20140911145147030491.html
http://www.sermosgaliza.gal/articulo/economia/salmond-afirma-frota-galega-teria-acceso-augas-dunha-escocia-independente/20140911145147030491.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario