venres, 24 de xuño de 2016

Escocia votó pola permanencia pero gañou o #Brexit... agora chegan as consecuencias: #ScotlandinEurope #indyref2


As miñas primeiras valoracións:




Cameron dimite



Nicola é consecuente co que anunciou repetidamente durante todos estes meses de campaña e ademais transmitirlle aos cidadáns europeos en Escocia que seguirán sendo benvidos e ben recibidos, anuncia próximas reunións para valorar accións inmediatas.

Todas as posibles opcións serán valoradas para asegurar a permanencia da Nación na UE. Comunicaráse con todos e cada uns dos presidentes de países europeos para comunicarlle que Escocia quere estar na UE.

Un segundo referendo está agora enriba da mesa e prepararán toda a lexislación precisa para habilitalo no caso de entender que é o único xeito de facer respectar a voz de Escocia.

O Sunday Herald lanzou a media mañán esta enquisa... o resultado, demoledor. Unha contundente maioría votaría pola independencia de celebrarse un segundo referendo mañán mesmo.
O segundo do Goberno de Irlanda do Norte pide unha enquisa sobre a unificación de Irlanda logo do voto sobre #Brexit

O polémico "Daily Record" muda totalmente de opinión e anima á Primeira Ministra de Escocia na súa loita por acadar ficar na UE




E tod@s atentos aos días seguintes porque isto non fixo mais que empezar...

Ningún comentario:

Publicar un comentario