A noticia da prohibición da estelada en todos os
xornais e televisións escocesas; non só as escocesas... a noticia foi recollida
en xornais de todo o mundo. Vergonza allea. Ridículo internacional unha vez
mais; unha vez mais a tan famosa #marcaEspana
marcando tendencia.
@s escoceses nas redes non dubidaron en amosar a
súa solidariedade co pobo catalán ante unha medida de moitos catalogaron propia
do Franquismo, ou fascista sen ningún miramento. Na súa memoria, sempre, os
miles de homes e mulleres que loitaron nas Brigadas internacionais durante a
guerra civil española.
É unha verdadeira vergonza ter un goberno que
buscando que non se fale da corrupción endémica que hai no seu goberno, ou dos
últimos datos económicos que indican que España está dez veces peor que cando
aqueles aplicaron eses tan imprescindibles recortes, utiliza temas que
saben que claramente poden ferir sensibilidades e mesmo ao sentido común (aínda
para aqueles quen non son nacionalistas, non vos equivoquedes) e chega a facer
un ridículo de dimensións mundiais.
Mais escandaloso cando se coñeceu que a decisión foi
tomada pola Delegada do Goberno (que non só é nomeada polo Goberno senón que o
representa) e que para mais inri pertence a Fundación Francisco Franco; un
verdadeiro despropósito, e unha total e absoluta falta de respecto á propia
Constitución, á liberdade de expresión e mesmo a leis internacionais que chaman
ao respecto ás nacións que conforman Europa.
O mesmo acontece canto se inundan as portadas e
as canles de televisión con denuncias sobre doutros países de Latinoamérica,
cando aquí hai tanto (tanto, tantísimo) que rascar. Interfiren en procesos que
non son propios, satanizan a quen pensa distinto, criminalizan aos que
protestan; é o único argumento que teñen, (nostálxicos doutros tempos), isto...
e o medo.
Os que nunca creron verdadeiramente nun sistema
democrático, senón na imposición, sempre botarán man dunha única estratexia: xerar
cortiñas de fume, insultando e buscando ofender, para desviar a atención sobre
temas de tal gravidade como que o Partido do Goberno español debería ser
investigado de forma global e mesmo valorada a súa ilegalización pola noxenta
corruPPción que dende tantos anos ha, leva campando por todo o territorio
español. Para eles, todo vale para manterse no poder. Basta xa de cortiñas de
fume. Viva a democracia. Viva a democracia REAL.
— David Leask (@LeaskyHT) 20 de mayo de 2016
Scottish estalada: Star of independence added to saltire, à la Catalonia!— Hergé Marcheur (@Rabid_Halfmoon) 20 de mayo de 2016
Inspired by -> https://t.co/HRdNLqYExZ pic.twitter.com/DKsNnLTp4x
http://www.nytimes.com/2016/05/21/world/europe/ban-on-catalan-flag-at-spanish-soccer-final-is-overturned.html?_r=0
http://www.bbc.com/sport/football/36343124
http://www.thenational.scot/news/catalan-football-fans-can-fly-estelada-flags-at-copa-del-rey-cup-final-after-ban-is-lifted.17816
http://stv.tv/sport/football/1354756-barcelona-fans-to-wave-saltire-at-cup-final-after-catalan-flag-ban/
Ningún comentario:
Publicar un comentario