mércores, 18 de maio de 2016

Parando a deportación da familia Brain // Stop the deportation of the Brain Family #Dingwall #Gaelic #Highlands #TeresaMay

Photo via The National
Trátase dunha das situacións mais surreais que están a suceder coas políticas de estranxería de Reino Unido. 

Unha familia que despois de anos vivindo en Dingwall (Escocia) trasladouse a vivir ás Terras Altas (Highlands), atendendo a unha das medidas do Goberno escocés chamando a repoblar esa zona. 

A familia está composta por Gregg, Kathryn e Lachlan, e son de nacionalidade australiana; o Goberno británico pretende deportar á familia, xa que da renovación da visa depende a permanencia do en territorio británico e isto só sería posible cun posto de traballo que satisfaga as esixencias da Home Office. Ata o momento o gabinete de Teresa May non permitiu ningunha  outra opción  

Parar a deportación permitiría ao pequecho Lachlan continuar coa súa educación media en gaélico e aos pais, Gregg y Kathryn, continuar gañándose a vida en Escocia e contribuir positivamente na súa comunidadeLachlan,  que agora ten 7 anos, é falante fluido de Gaélico e de Inglés. Todos eles están completamente integrados na vida escocesa do rural e teñen contribuido cultural, económica e socialmente ás Terras Altas.

Este caso está ocasionando un escándalo mediático e fixo que tanto a Primeira Ministra de Escocia, Nicola Sturgeon coma Alex Salmond, asi coma outros moitos cargos políticos se mobilicen en masa para tratar de parar a deportación. Tamén hai unha petición de firmas para apoiar a causa.


Mais este non é un caso aillado; centos de familias mixtas, con fillos nados en territorio británico, corren o risco de seren separadas ou de ter que abandoar territorio de Reino Unido a causa das inflexibles medidas de estranxerías, que cada ano empeoran. 


Nicola Sturgeon calls on Home Secretary to help family facing deportation from Highlands



Ningún comentario:

Publicar un comentario