O Goberno de Nicola Sturgeon ten agora que botar a andar o seu programa, facendo, como ela asegurou, políticas inclusivas, e tratando de buscar consenso no Parlamento escocés; algo que xa a First Minister de Escocia leva tratando de facer dende que sucedeu a Alex Salmond, e que resulta bastante complexo pola propia contradición dalgunhas formacións como os laboristas ou os liberal demócratas.
O descalabro laborista, por certo, deixou imaxes coma esta dun histórico Ian Gray (que tamén foi lider do Scottish Labour) desesperado ante os resultados que chegaban ainda que puido gañar o seu propio escano.
— David Brisbane (@DavidB1996) 5 de mayo de 2016
Asegurarse de que Westminster cumpra coas promesas que fixo durante o referendo, e devolva competencias ao Parlamento escocés e reclamar outras , apuntalar a educación e a Sanidade universal e defendela dos recortes que dende Londres continúan impoñendo; defender unha Escocia sen armamento nuclear; traballar en políticas de igualdade da muller, fortalecer a economía e as relacións comerciais de Escocia, medidas de promoción de emprego e de axuda ao desemprego... son algunhas das prioridades que Nicola Sturgeon ten agora entre as súas mans. E como non, enfrontar o referendo do Brexit e tratar de evitar que Escocia non estea fora da UE en contra dos seus desexos.
(Grazas mil coma sempre a Peter Curran (@moridura) polos seus videos)
Edición especial do The National / Special edition of The National #SP16
A enorme campaña mediática lanzada dende os medios tradicionais, que fixeron dos seus programas e xornais lanzaderas de mantras contra o SNP, tiveron un papel fundamental nestes resultados, onde os conservadores celebran ser a segunda forza agora no Parlamento escocés e onde os laboristas, que continúan afundíndose, quedaron nun terceiro lugar que para eles é como un castigo.
Ainda así, o SNP acadou por primeira vez na historia da autonomía escocesa, mais dun millón de votos, superando a suma dos dous partidos maioritarios da oposición; interesante cuestión que está, loxicamente, sendo ocultada polos medios, mais empeñados en facer aparecer a Ruth Davidson coma a gañadora universal destas eleccións.
Hai un programa en BBC Radio Scotland cada mañán que ven sendo un dos mais criticados polo sesgo descarado en contra dos nacionalistas. Nesta xornada electoral a xornalista, Kyle nun aparente "lapsus linguae" deixou ao descuberto a súa filiación política cun "Nós estamos 8 puntos arriba" referíndose aos conservadores... casi nada...

Ningún comentario:
Publicar un comentario