martes, 24 de maio de 2016

Nicola Sturgeon & Jon Snow #entrevistas #Scotland #interview #Channel4

Entrevista realizada polo fenomenal Jon Snow a Nicola Sturgeon para Channel 4.

Durante a mesma a Primeira Ministra de Escocia anunciou que ela mesma, xunto con Leanne Wood (Plais Cymur) e Caroline Lucas (Verdes), procurarán explicar positivamente as razóns para votar non ao #Brexit.

Fronte á campaña do medo que se está levando a cabo polo o Goberno de Cameron para convencer da permanencia na UE, Nicola Sturgeon foi moi clara: "Convenzamos á xente explicándolles as razóns polas que é bo  permanecer na UE, e non asustándoos"; dura critica ao que xa é chamado en Escocia remix do "Proxecto Medo" (Euro Project Fear).

Tamén ratificou Sturgeon o seu total apoio á denuncia feita por Pete Wishart (deputado do SNP en Westminster) sobre as múltiples alegacións de fraude electoral dos conservadores nas últimas eleccións xerais.

Nicola Sturgeon tamén foi preguntada pola anunciada dimisión do número dous do SNP  tras ser publicado na prensa un episodio da súa vida privada; Sturgeon valorou o enorme traballo de Hosie como Deputy Leader así como pediu respecto por un asunto que es esencialmente privado e que é doloroso non só para os implicados senón tamén para a xente que lles rodea. Tamén evitou comentar os casos doutros dous deputados nacionalistas que ainda están a ser investigados, polo tanto ainda non foron acusados de nada, e recordou que en ámbolos dous casos, os deputados desligáronse do SNP ata que se aclare todo e haxa un resultado final das investigacións.


Coma sempre moitas grazas a Peter Curran (@moridura) por este video. 
Thank you so much as usual to Peter Curran (@moridura) for this video

Ningún comentario:

Publicar un comentario