A poucos días das eleccións escocesas e por segunda vez dende a celebración do referendo, celebrouse en Glasgow unha manifestación e acto pola independencia que foi emitida en vivo por Independence Live
A Primeira Ministra de Escocia e lider do SNP, Nicola Sturgeon, enfatizando o seu respecto polo resultado acadado en 2014, anunciou en varias ocasións que a partires do verán impulsarán unha nova campaña para convencer aos votantes do non que a independencia é a mellor opción para Escocia; tamén descartou a celebración dun novo referendo ata que non haxa unha maioría a prol desta opción.
Moit@s están pendentes non só dos resultados ao Parlamento escocés que resulten da votación do 5 de maio, senón do referendo que se celebrará o 26 de xuño sobre a permanencia de Reino Unido á Unión Europea, pois este resultado marcará moito a tendencia en Escocia sobre un posible segundo referendo de independencia.

De novo grazas a Peter Curran por esta grabación que nos permite sempre compartilo con tod@s vós!
Ningún comentario:
Publicar un comentario