sábado, 23 de abril de 2016

Traición total // Total betrayal #shipyard #asteleiros #SCO #Escocia #indyref #jobs #BetterTogether

O The National é contundente na súa portada de hoxe "Traición Total"
http://www.thenational.scot/news/union-fury-amid-leaked-news-of-clyde-shipyard-jobs-threat.16690

Outro dos argumentos de Better Together durante a campaña sobre a independencia de Escocia ven de demostrarse mentira. Supostamente a independencia costaría centos de traballos nos asteleiros de Clyde, e tan só un voto NON podería manter o volume e os postos de traballo.




Nas redes, indignación e recordatorios das promesas dos Tories, pero especialmente dos Laboristas que fixeron unha feroz campaña xunto cós conservadores, especialmente neste tema.

O "Wee Black Book" de Wings Over Scotland publicou hai unhas semanas ten outra páxina que engadir ás promesas fallidas e as mentiras escandalosas que foron utilizadas sen ética de ningunha clase durante os dous anos que durou a campaña que rematou na votación do referendo do 18 de setembro de 2014. 
Outra razón que vai ser un mais que posible recordatorio para a vindeira campaña pola independencia que tal e como anunciou Nicola Sturgeon, empezará de cara o verán. 






"John Reid has toured a shipyard on the River Clyde to warn that a "Yes" vote on could jeopardise hundreds of jobs in the industry.
The Labour politician also said that the British Government has never commissioned a warship from docks outside of the UK, which would make it difficult for an independent Scotland to secure orders in future"

Ningún comentario:

Publicar un comentario