Vexo na prensa que Feijóo repite, xa o sabíamos, esa estratexia de dicir
que te vas e logo presentar a túa decisión coma
un súper sacrificio, era mais que
evidente. E unha estratexia que coñecen ben os que regatean na Praza de Abastos
de Compostela, ou aqueles que xogan ao póker, ou todo aquel que teña estado presente nunha
negociación… Ai Sr. Feijóo… que xa non somos nenos e a inxenuidade quedounos
moi atrás, mais despois de ver todo o que vostede fixo con Galicia e cos
galegos durante o seu goberno. Que xa sabíamos que vostede tiña todas as
cartas, ata a carta do jocker....
Leo na prensa que todos os grupos da oposición lle quintan ferro a que Feijóo repita como candidato…. Pois moi mal feito, señores e señoras, moi mal
feito.
Hai moito que traballar, moita xente que convencer, unha alternativa de
goberno forte que presentar... Por moito que o Partido Popular de Feijóo sexa o
que mais fixo para destruír esta Terra, e as súas políticas sexan as mais nefastas
de todos os gobernos que tivo Galicia, o Sr. Feijóo e o seu Gabinete van xogar
a convencer de que son a única alternativa segura (para eles), cun programa
estable (para eles) e aínda haberá votantes nostálxicos da era de Fraga que os
crean e sigan votando por tradición, aínda que co seu voto dean carta branca a
súa propia auto destrución e a destrución de Galicia.
Por tanto, como non se teña unha boa campaña de concienciación, de traballo,
de alternativa... a tradición, a nostalxia e o medo van gañar as eleccións
(outra vez), señores e señoras da oposición...
Non vale con crer que temos a razón, hai que convencer... e iso, aínda con
todas as razóns de peso que se teñan, non vai ser doado cando o Goberno de
Feijóo estivo financiando (con cartos do erario público) aos medios de
comunicacións afíns, e mesmo rescatándoos; estivo o Sr. Feijóo ,e o seu
séquito, preparándose para promocionar e vender a súa candidatura como a
chegada do Mesías.
Non vai ser doado, Sres. da oposición, cando os grandes empresarios, os
poderosos, a elite, van pór toda a carne
no asador para desacreditar a todas e cada unha das organizacións políticas que
opten a candidatura... Non vai ser doado cando con cada unha das súas campañas
estrelas, esas que eles saben facer tan ben, van promover a desunión entre os
que deberían ser compañeiros de camiño... Basta xa de inxenuidades, por favor,
que o inimigo é grande e xoga suxo, moi suxo...

Para iso hai que traballar arreo dende xa; e non hai pero que valga, non hai
desunión que valga, cada un coa súa ideoloxía, coa súa percepción das cousas
traballando por un ben común, porque son mais as cousas que nos unen que as que
nos separan, e ISTO, isto é o que a xente di na rúa que se precisa para facer país… e isto o que nos levou a
manifestarnos xuntos en múltiples ocasións e a facer piña durante estes anos contra as destrutivas
políticas e recortes de dereitos do Partido Popular... a xente da rúa repite
incansable e eu concordo totalmente. Non temos desculpa, nin teremos perdón si polas nosas neglixencias
permitimos un terceiro mandato do Partido Popular neste País.
Ningún comentario:
Publicar un comentario