Coñecer a nosa historia é fundamental para valorala; temos en Compostela un tesouro histórico-musical que é a Banda Municipal de Música. Hoxe puiden entrevistar a Beatriz Cancela, musicóloga e autora dunha tese sobre a Banda dende os seus inicios, un patrimonio cultural galego de incalculable valor. Non puiden evitar emocionarme ao falar con ela, pola implicación familiar tan directa que teño con este tema. Como compostelana e como filla e neta de músico non podo pechar os ollos aos problemas dos que adoecen estes profesionais e mestres da música compostelana (a Banda de Música leva enriquecendo a vida desta cidade dende hai case 170 anos); nin podo ficar man sobre man esperando que desapareza por neglixencias ou desatencións administrativas e burocráticas; é preciso atopar unha solución canto antes; fago un chamamento ao Concello de Santiago de Compostela para que actúe con celeridade e resolva as deficiencias e as carencias que levan sufrindo esta institución ao longo de moitos anos. Moitísimas grazas a Beatriz por aportar tanto á recuperación do patrimonio histórico-musical de Galicia. Que pracer poder entrevistarte!
Ningún comentario:
Publicar un comentario