martes, 19 de abril de 2016

Campaña escocesa do #Brexit e o Wee BlEU Book #EU #UK #SCO

A campaña escocesa por #Brexit xa está en marcha. A posición do Goberno escocés, e mais en concreto do SNP (Scottish National Party) decántase claramente pola permanencia.

O Libriño Azul sobre a Unión Europea (Wee BlEU Book) recolle os argumentos fundamentales para votar a favor da permanencia en Europa. Nel relátanse os beneficios que aporta a UE en materia de traballo, turismo, clima, regulacións fiscais, agricultura, pesca, etc...

Non hai que esquecer que durante a campaña sobre o referendo de independencia de Escocia no 2014, os unionistas utilizaron o argumento de que un voto pola independencia implicaría que Escocia quedase fora da UE. Nese momento políticos como Rajoy, Barroso, entroutros, axudaron a fortalecer esa versión catastrófica sobre a permanencia de Escocia en Europa e sobre o aillada que ficaría Escocia no caso dun YES na votación do 18 de setembro.

Non tardou moito en descubrirse a falsedade dos argumentos sobre Europa, xa que Cameron anunciou, pouco despois de saberse que os escoceses decidira seguir sendo parte do Reino Unido,a convocatoria do referendo #Brexit que terá lugar o 23 de xuño deste ano.

Ainda así, tamén en Escocia hai quen anunciou campaña pro-Brexit, como é o caso de Jim Sillars, marido da añorada deputada independente Margo MacDonald, que hoxe explica no xornal escocés The National as súas razóns de facer campaña en contra da permanencia na UE:  http://www.thenational.scot/politics/jim-sillars-capital-calls-the-tune-in-eu-thats-why-we-should-go.16502

A posibilidade de que Escocia vote a favor da permanencia e de que o resto do Reino Unido vote por irse, está a provocar un debate encendido sobre un segundo referendo de independencia. Nicola Sturgeon, First Minister en funcións de Escocia, xa anunciou que iniciaría no verán unha nova campaña para convencer a aqueles que votaron NON en 2014, de que a independencia é a mellor opción para o país nórdico. 

O 5 de maio terán lugar as eleccións escocesas e  veremos si finalmente as enquisas que auguran unha arrolladora maioría absoluta ao SNP son realidade, porque iso vai marcar, e moito, o desenrolo dos acontecementos de cara aos resultados do referendo do #Brexit. As enquisas tamén recollen que unha grande maioría dos escoceses votarían SI á independencia no caso de que o Reino Unido decida marcharse da Unión Europea.




You can download a free copy of the Wee BlEU book in this link: 
Podes descargar unha copia do Libriño Azul neste link:




Ningún comentario:

Publicar un comentario