martes, 26 de abril de 2016

Nós-TV : becoming (part of) the media // Nós-TV : sendo (parte da) prensa #Galicia #Media #News #Opinions

Here I am! From now you can see some of my videos which I share on my facebook page "O mundo de Pilar-Aymara" (Pilar-Aymara's World) on the local Galician channel "Nós TV"

Nós TV is a new project in Galician language and they have asked me to participate with their initiative to promote video-blogs with news and opinions from different people. So, I'm delighted to do so!

Pois aqui estou. A partires de hoxe tamén poderedes ver algúns dos videos que comparta na miña páxina de facebook "O mundo de Pilar-Aymara" na canle de TDT de Nós TV (por certo! Se non os seguides, sintonizádeos xa! E se coma min non tedes TDT, seguideos na web www.nostv.gal)
Feliz de participar desta iniciativa de publicar video-blogues en galego. Moitas grazas polo convite!  


Entrevista con Daniel Rodas (BNG) sobre a situación do sector do #Mar #Pesca #Ocerco #Marisqueo #ArtesVarias #DOP

Moitas grazas a Dani Rodas (Deputado do BNG no Parlamento Galego) pola túa amabilidade e atención. Esta entrevista foi realizada o 25 de abril e emitida en directo dende a miña páxina de facebook "O mundo de Pilar-Aymara"

Thank you so much to Daniel Rodas, (deputy of the BNG - Galician Parliament) for your kindness and attention. This interview was conducted on the 25th of April and broadcasted live from my facebook page "O mundo de Pilar-Aymara / Pilar-Aymara World"

luns, 25 de abril de 2016

RECOMENDADO/ RECOMMENDED: #Brazil #StopCoupinBrazil #Chat #CharlaColoquio #Compostela

Charla coloquio sobre a situación actual de Brasil desde diferentes ollares. Participarán: Carla Carbatti – Poeta; Jakson Renner – Profesor e Sérgio Tannus – Músico. 

Xoves 28 de abril,  ás 20 h. no SCQ Bar en Compostela

Chat about the current situation in Brazil from different points of view. Carla Carbatti, poet; Jakson Renner, professor and Sérgio Tannus, musician will speak.
Thursday, 28th of April , 20 h. in SCQ Bar in Compostela 

Meetings on the bridge: Clementina e Tobias! // Encontros na ponte: Clementina e Tobias!

Surprise! Let me introduce you to Clementina and Tobias. They are followers of this blog. We met on the streets of Compostela. They are from Wales and they are learning Galician here (they speak Galego perfectly, btw!). Thank you very much, pals for your kind words and encouragement for this blog. It's a small World! 

Sorpresa! Deixade que vos presente a Clementina e Tobias. Son seguidores deste blog. Atopámonos nas rúas de Compostela. Son de Gales e están aprendendo galego aquí (o cal falan perfectamente, por certo!). Moitísimas grazas amig@s, polas vosas amables palabras e os`folgos por este blog. O mundo é un pano!

domingo, 24 de abril de 2016

Brazilian expats support democracy & mobilize against the coup // A comunidade Brasileira apoia a democracia e se mobiliza contra o golpe #Brazil #StopCoupinBrazil

A comunidade Brasileira en todo o mundo estase a mobilizar para denunciar un Golpe político levado a cabo por corruptos, moitos deles herdeiros da tortura e da ditadura que tanto empañou a historia dun país irman coma é Brasil. Dito golpe ten por obxectivo (entroutras cousas) paralizar e anular os procesos xudiciais e acusacións de corrupción na que 35 dos 38 políticos, os mesmos que decidiron levan a cabo o empeachment contra Dilma Rousseff, están envoltos. 

Podedes seguilos na páxina  "Brasilegos contra o golpe"

Hoxe o cantante Fred Martins quixo aportar o seu grao de area explicando para o público a situación que vive o seu país. Alí estaban presentes algúns dos "brasileg@s" que tamén quixeron amosar a súa posición clara contra o golpe, contra a ditadura e contra a corrupción e deles recibimos este video con esta música fermosísima que tan familiar nos é. #StopCoupinBrazil #NaoVaiTerGolpe #Nopasarán 

Brazilian Expats in Santiago de Compostela show support for Dilma Rouseff and they denounce
 the coup in Brazil. They are organizing lots of chats and activities to  inform people about the reality of their country and to defend Brazilian democracy

No more dictatorship, no more corrupts politicians. No pasarán, Nao passarán!

Follow them on FB:
Brasilegoscontraogolpe
Tweet your message of support with
#StopCoupinBrazil 





More info about the situation in Brazil (English, German, French, Italian, Spanish and Portuguese). Please read & share it, thank you :

"New legality campaign: legal manifesto in defense of the Constitution & the rule of law from"  

A Nova Campanha da Legalidade, formada por mais de oito mil juristas de todos os estados brasileiros passa, a partir de hoje, a enviar ao mundo o manifesto que denuncia o golpe em curso no Brasil. O Manifesto está em português traduzido para o inglês, italiano, francês, alemão e espanhol. Por favor, nos ajude, marque, envie por e-mail e compartilhe este post, fazendo chegar aos amigos estrangeiros.

*Espanhol:
https://drive.google.com/open?id=0B25Hqzc_ozMGTE1XcmlDUmpHWkU

*Italiano:
https://drive.google.com/open?id=0B25Hqzc_ozMGc2ZvakIya0NndVk

*Francês:
https://drive.google.com/open?id=0B29oZHxtSdZZdEo3Ym5EaU1FMTA

*Português:
https://drive.google.com/open?id=0B25Hqzc_ozMGVXRfMEcwMkVhNXM

*Inglês:
https://drive.google.com/open?id=0B25Hqzc_ozMGRXQ3Y0IyVnRGM2M

*Alemão:
https://drive.google.com/open?id=0B29oZHxtSdZZRHpwenphRy1RUVU

Video : Manifestación en apoio ás persoas refuxiadas // Demontration in support of the refugees #RefugeesWelcome #humanrights #Compostela

23 de abril de 2016
23th of April 2016, Compostela

Demonstration in support of refugees and against the agreement signed between the EU and Turkey.
Galicia says no to war, yes to solidarity.

sábado, 23 de abril de 2016

The latest news, views and opinions from Galicia. A new video-bulletin for my friends in #SCO #news

Well, promises are promises. From now on I'll try to publish more often a special video-bulletin to keep you,  friends in Scotland, informed about what is going on in Galicia; we'll try to analyse different issues happening here and also in Alba! Hope you like and enjoy it! You can ask questions by sending me an email or private message. Thank you very much!

Bon, promesas son promesas. Dende agora tratarei de publicar un video-boletín para manter aos amigos en Escocia informados sobre o que está a acontecer en Galicia; tratarei de analizar diferentes asuntos de actualidade aquí e tamén en Alba. Espero que vos guste e o disfrutedes. Podedes mandar as vosas preguntas mandándome unha mensaxe privada. Moitas grazas.

Traición total // Total betrayal #shipyard #asteleiros #SCO #Escocia #indyref #jobs #BetterTogether

O The National é contundente na súa portada de hoxe "Traición Total"
http://www.thenational.scot/news/union-fury-amid-leaked-news-of-clyde-shipyard-jobs-threat.16690

Outro dos argumentos de Better Together durante a campaña sobre a independencia de Escocia ven de demostrarse mentira. Supostamente a independencia costaría centos de traballos nos asteleiros de Clyde, e tan só un voto NON podería manter o volume e os postos de traballo.




Nas redes, indignación e recordatorios das promesas dos Tories, pero especialmente dos Laboristas que fixeron unha feroz campaña xunto cós conservadores, especialmente neste tema.

O "Wee Black Book" de Wings Over Scotland publicou hai unhas semanas ten outra páxina que engadir ás promesas fallidas e as mentiras escandalosas que foron utilizadas sen ética de ningunha clase durante os dous anos que durou a campaña que rematou na votación do referendo do 18 de setembro de 2014. 
Outra razón que vai ser un mais que posible recordatorio para a vindeira campaña pola independencia que tal e como anunciou Nicola Sturgeon, empezará de cara o verán. 






"John Reid has toured a shipyard on the River Clyde to warn that a "Yes" vote on could jeopardise hundreds of jobs in the industry.
The Labour politician also said that the British Government has never commissioned a warship from docks outside of the UK, which would make it difficult for an independent Scotland to secure orders in future"

Entrevista con Quique Costas - Plataforma de Afectados pola #hepatiteC #Galicia #GZ #Saude #SanidadePública

Un verdadeiro pracer falar con Quique Costas, voceiro da  Plataforma galega de afectados pola hepatite c​ quen me explicou de onde parte a situación actual de denuncia contra o Sergas. Unha conversa que é un canto á humanidade, a tan imprescindible empatía da que os responsables políticos non deben carecer; un canto á necesidade imperiosa de protexer e fortalecer os servizos públicos.
Os recortes non poden pór en perigo a vida das persoas, e de
sgraciadamente, xa nos falta xente... non pode voltar a pasar, nunca mais. A miña solidariedade e apoio tanto @s afectad@s coma as familias e os coidadores, e por suposto, a esa nosa xente da Sanidade Pública. Grazas por estares aí.

mércores, 20 de abril de 2016

RECOMENDADO// RECOMMENDED: Manifestación #Refuxiados #March #No2War #breaktheborders #WelcomeRefugees #Compostela

Sábado 23 de abril ás 13h. en Santiago de Compostela, manifestación en apoio ás persoas refuxiadas e contra as guerras. 
A manifestación empezará na Praza Roxa 
Rachemos coas fronteiras 
Non ás guerras 

On Saturday, 23th of April at 13h  in Santiago de Compostela, march in support of the refugees and against the war
The rally will start in  Praza Roxa
Break the borders
No to war

martes, 19 de abril de 2016

O Mundo de Pilar-Aymara en #Telegram // Pilar-Aymara's World in Telegram

Xa podedes seguir a miña canle de Telegram "O Mundo de Pilar-Aymara". Non é un chat, é unha canle onde compartirei noticias e links que eu atopo de interese, nacionais e internacionais (si, tamén noticias sobre Escocia). Animádevos e unídevos. Si tendes algunha suxerencia, enviademe unha mensaxe privada via email ou mensaxe vía FB. Grazas!


O mundo de Pilar-Aymara 
Email: pilar.aymara@gmail.com 

You can now follow my Telegram Channel "Pilar-Aymara's World". This is not a chat, this is a channel where I'm going to share news and links that I find of interest, national and international (aye! news about Scotland too) . I encourage you to join me. If you have any suggestions, please email me or send me a private message via FB. Thank you!


Pilar-Aymara's World 
Email: pilar.aymara@gmail.com

Comunicado das @mulleresdocerco #OCerco #CamiñodeSantiago #Mar #Pesca #PorunRepartoXusto

As MULLERES DO CERCO GALEGO, vamos facer a variante espiritual do Camiño de Santiago, os días 13,14 e 15 de Maio. Velaí vai a información:
 
VENRES DÍA 13:Saída dende a estación de trens de Pontevedra as 12:30 horas, o percorrido rematará no Monasteiro de Armenteira. Despois iremos os lugares destinados a pernoctar.
 
SÁBADO DÍA 14: Saída dende Armenteira ata Vilanova, onde pasaremola noite.
 
DOMINGO DÍA 15: Dende Vilanova colleremos o barco que nos levará ata Pontecesures, e dende al empezar o último tramo ata Santiago de Compostela.
 
 
Os horarios de comidas, ceas ou calquera outra parada, así como as horas de chegada os puntos de destino, dependerá do progreso da marcha do grupo.
As mulleres do cerco sólo nos facemos responsables de buscar os lugares onde vamos pernoctar e do barco, para tod@s aqueles que estén inscritos.
Ademáis poremos coches a disposición da xente para levar as mochilas de roupa e sacos de dormir para quen o desee, e algo totalmente voluntario e desinteresado, polo que non nós faremos responsables en caso de perda, roubo, rotura ou extravío.
Os costes correrán a cargo de cada un, é decir: comidas, almorzos, ceas.....A pernocta nos lugares habilitados ten un coste de 6€ persoa e noite (as dúas noites 12€).
O coste do billete do barco é de 20€(pode ser menos dependendo do número de asistentes).
Tod@s aqueles que desexen anotarse, o prazo de inscripción comenza hoxe e remata o vindeiro 1 de Maio.

 Para inscribirse necesitamos os datos personais (nome e apelidos, número de teléfono, correo electrónico se o tedes e dirección ). ADEMÁIS DEBEREDES ESPECIFICAR SÍ FAREDES AS TRES ETAPAS DO CAMIÑO, DÚAS OU SÓLO UNHA, SE PASAREDES A NOITE NOS ALBERGUES E SI FAREDES A VIAXE NO BARCO.
 
A inscripción ten unha fianza de 10€, ésta fianza é debido a que temo que reservar o barco con antelación, indicando o número de persoas, e o barco ten un coste fixo, polo que en caso de NON ASISTIR a fianza perderase.
 
Para anotarse porse en contacto por teléfono ou wasap con:

En Malpica: 617 07 71 20 (horario de tarde)
En Cambados:673 53 31 56
En Sada:654 60 68 84
En Noia:653 36 63 75 (horario de tarde)
En Cariño:696 69 89 02
En Pontedeume:619 60 78 62
En Vigo:605 04 76 10 (horario de tarde)
En Portosin:651 05 65 21
Na zona do Morrazo:637 43 54 67
 

 
 
Animamovós a tod@s a participar connosco desta aventura reivindicativa!
#Porunrepartoxusto #CotasXustas
 

Campaña escocesa do #Brexit e o Wee BlEU Book #EU #UK #SCO

A campaña escocesa por #Brexit xa está en marcha. A posición do Goberno escocés, e mais en concreto do SNP (Scottish National Party) decántase claramente pola permanencia.

O Libriño Azul sobre a Unión Europea (Wee BlEU Book) recolle os argumentos fundamentales para votar a favor da permanencia en Europa. Nel relátanse os beneficios que aporta a UE en materia de traballo, turismo, clima, regulacións fiscais, agricultura, pesca, etc...

Non hai que esquecer que durante a campaña sobre o referendo de independencia de Escocia no 2014, os unionistas utilizaron o argumento de que un voto pola independencia implicaría que Escocia quedase fora da UE. Nese momento políticos como Rajoy, Barroso, entroutros, axudaron a fortalecer esa versión catastrófica sobre a permanencia de Escocia en Europa e sobre o aillada que ficaría Escocia no caso dun YES na votación do 18 de setembro.

Non tardou moito en descubrirse a falsedade dos argumentos sobre Europa, xa que Cameron anunciou, pouco despois de saberse que os escoceses decidira seguir sendo parte do Reino Unido,a convocatoria do referendo #Brexit que terá lugar o 23 de xuño deste ano.

Ainda así, tamén en Escocia hai quen anunciou campaña pro-Brexit, como é o caso de Jim Sillars, marido da añorada deputada independente Margo MacDonald, que hoxe explica no xornal escocés The National as súas razóns de facer campaña en contra da permanencia na UE:  http://www.thenational.scot/politics/jim-sillars-capital-calls-the-tune-in-eu-thats-why-we-should-go.16502

A posibilidade de que Escocia vote a favor da permanencia e de que o resto do Reino Unido vote por irse, está a provocar un debate encendido sobre un segundo referendo de independencia. Nicola Sturgeon, First Minister en funcións de Escocia, xa anunciou que iniciaría no verán unha nova campaña para convencer a aqueles que votaron NON en 2014, de que a independencia é a mellor opción para o país nórdico. 

O 5 de maio terán lugar as eleccións escocesas e  veremos si finalmente as enquisas que auguran unha arrolladora maioría absoluta ao SNP son realidade, porque iso vai marcar, e moito, o desenrolo dos acontecementos de cara aos resultados do referendo do #Brexit. As enquisas tamén recollen que unha grande maioría dos escoceses votarían SI á independencia no caso de que o Reino Unido decida marcharse da Unión Europea.




You can download a free copy of the Wee BlEU book in this link: 
Podes descargar unha copia do Libriño Azul neste link:




domingo, 17 de abril de 2016

#NaoVaiTerGolpe Pela democracia no Brasil #ElMundoConDilma dende Compostela


A rally in support of the democracy in Brasil  took place yesterday in Santiago de Compostela 

Supporters dennounced a coup d'etat againts President Dilma Rouseff from the right wing sectors. 

Unha concentración encol da democracia brasileira tivo lugar onte en Santiago de Compostela. Denuncian un golpe de Estado contra a Presidente Dilma Rousseff dende os sectores da dereita.

Full video coverage // Video completo:


Manifesto



Entrevista completa con Xavier Vence



#NaoVaiTerGolpe #DilmaficaGolpeSai #ElMundoconDilma

Yes to Democracy, not to Dictatorship

venres, 15 de abril de 2016

Charla sobre a situación de Brasil con Jakson Guarani Kaiowá Renner #NaoaoGolpe #Brazil

Pois aquí está a charla que tiven con Jakson Guarani Kaiowá Renner​ sobre a situación tan intensa que está a vivir o Brasil e coa que tanto nos están bombardearndo nos medios... 
Tal e como eu sospeitaba, falta información, e o que nos chega é simplemente unha versión. Por isto é importante sempre buscar alternativas informativas para cando menos poder reflexionar. Jakson nos invita a participar nunha concentración a prol da democrácia do Brasil o vindeiro sábado ás 20 h. na Praza do Toural de Compostela, dende onde abrirá unha retransmisión en vivo directo coas concentracións en Sao Paulo. Unha aperta fraternal, Jakson e moito obrigada por toda esta información tan valiosa que compartiches.




luns, 11 de abril de 2016

The Holyrood Blues: Say, Aye, Yeah, Oui, Si Si - and #BothVotesSNP

My dear friend Peter Curran is going to vote Yes for Scotland by #bothvotesSNP I love this song, dear Peter! Gaun yersel!

O meu querido amigo Peter Curran vai votar SI por Escocia (pedindo os dous votos para o Scottish National Party do mellor xeito que el sabe... coa súa música! Adoro esta canción, querido Peter!


sábado, 9 de abril de 2016

Entrevista con Beatriz Cancela autora da tese sobre a Banda Municipal de Santiago #música #BandaMunicipaldeMúsica #Compostela

Coñecer a nosa historia é fundamental para valorala; temos en Compostela un tesouro histórico-musical que é a Banda Municipal de Música. Hoxe puiden entrevistar a Beatriz Cancela, musicóloga e autora dunha tese sobre a Banda dende os seus inicios, un patrimonio cultural galego de incalculable valor. Non puiden evitar emocionarme ao falar con ela, pola implicación familiar tan directa que teño con este tema. Como compostelana e como filla e neta de músico non podo pechar os ollos aos problemas dos que adoecen estes profesionais e mestres da música compostelana (a Banda de Música leva enriquecendo a vida desta cidade dende hai case 170 anos);  nin podo ficar man sobre man esperando que desapareza por neglixencias ou desatencións administrativas e burocráticas; é preciso atopar unha solución canto antes; fago un chamamento ao Concello de Santiago de Compostela para que actúe con celeridade e resolva as deficiencias e as carencias que levan sufrindo esta institución ao longo de moitos anos. Moitísimas grazas a Beatriz por aportar tanto á recuperación do patrimonio histórico-musical de Galicia. Que pracer poder entrevistarte!





luns, 4 de abril de 2016

Moito que traballar para que este pobo teña futuro #Galicia #GZ #Eleccións2016

Vexo na prensa que Feijóo repite, xa o sabíamos, esa estratexia de dicir que te vas e logo presentar a túa decisión coma  un súper sacrificio,  era mais que evidente. E unha estratexia que coñecen ben os que regatean na Praza de Abastos de Compostela, ou aqueles que xogan ao póker, ou todo aquel que teña estado presente nunha negociación… Ai Sr. Feijóo… que xa non somos nenos e a inxenuidade quedounos moi atrás, mais despois de ver todo o que vostede fixo con Galicia e cos galegos durante o seu goberno. Que xa sabíamos que vostede tiña todas as cartas, ata a carta do jocker....


Hai moito que traballar, moita xente que convencer, unha alternativa de goberno forte que presentar... Por moito que o Partido Popular de Feijóo sexa o que mais fixo para destruír esta Terra, e as súas políticas sexan as mais nefastas de todos os gobernos que tivo Galicia, o Sr. Feijóo e o seu Gabinete van xogar a convencer de que son a única alternativa segura (para eles), cun programa estable (para eles) e aínda haberá votantes nostálxicos da era de Fraga que os crean e sigan votando por tradición, aínda que co seu voto dean carta branca a súa propia auto destrución e a destrución de Galicia.

Por tanto, como non se teña unha boa campaña de concienciación, de traballo, de alternativa... a tradición, a nostalxia e o medo van gañar as eleccións (outra vez), señores e señoras da oposición...
Non vale con crer que temos a razón, hai que convencer... e iso, aínda con todas as razóns de peso que se teñan, non vai ser doado cando o Goberno de Feijóo estivo financiando (con cartos do erario público) aos medios de comunicacións afíns, e mesmo rescatándoos; estivo o Sr. Feijóo ,e o seu séquito, preparándose para promocionar e vender a súa candidatura como a chegada do Mesías.
Non vai ser doado, Sres. da oposición, cando os grandes empresarios, os poderosos, a elite,  van pór toda a carne no asador para desacreditar a todas e cada unha das organizacións políticas que opten a candidatura... Non vai ser doado cando con cada unha das súas campañas estrelas, esas que eles saben facer tan ben, van promover a desunión entre os que deberían ser compañeiros de camiño... Basta xa de inxenuidades, por favor, que o inimigo é grande e xoga suxo, moi suxo...

Dende a conciencia da dificultade pídolle a todas as forzas políticas que se poñan a traballar xa, e a construír unha alternativa forte para que este Pais poida ter futuro, para que os nosos vellos podan estar ben coidados e poidan manter as súas pensións (Rajoy deixou a "hucha de las pensiones del Estado” valeira... despois de prometer por activa e pasiva que non se tocaría);  construír unha alternativa forte (preparada para traballar unida) significaría que a nosa mocidade non tería que continuar  emigrando forzados para poder ter unha oportunidade; unha alternativa forte é mais precisa que nunca para promover a creación de traballo; para que os nosos mariñeiros volvan a ter unhas cotas decentes e non sexan tratados coma delincuentes; para que os nosos gandeiros teñan prezos decentes para o leite galego; para que o sector naval poida ter un futuro crible (e non uns contratos pantasmas vendidos como un éxito en tempo electoral como foron os contratos de Feijóo e os seus amigos de #Pémex); unha alternativa forte para que se respecte a lei en materia lingüística; para que se promocione a nosa propia cultura e se poidamos recuperar a autoestima roubada dende hai anos e anos de desgoberno; unha alternativa que respecte as sentencias xudiciais e nos devolva a capacidade de gobernar mellor as enerxía eólica... as autovías... a educación... a sanidade pública... unha alternativa de goberno que acabe coa privatización e defenda os dereitos dos cidadáns...

Para iso hai que traballar arreo dende xa; e non hai pero que valga, non hai desunión que valga, cada un coa súa ideoloxía, coa súa percepción das cousas traballando por un ben común, porque son mais as cousas que nos unen que as que nos separan, e ISTO, isto é o que a xente di na rúa que se precisa para facer país… e isto o que nos levou a manifestarnos xuntos en múltiples ocasións e a facer piña durante estes anos contra as destrutivas políticas e recortes de dereitos do Partido Popular... a xente da rúa repite incansable e eu concordo totalmente. Non temos desculpa,  nin teremos perdón si polas nosas neglixencias permitimos un terceiro mandato do Partido Popular neste País.

domingo, 3 de abril de 2016

Entrevista con Xosé Iglesias, mariñeiro #Mar #Pesca #GZ #Fishing

Ademais de mariñeiro, poeta. Xosé Iglesias compartiu comigo as súas valoracións sobre os tempos que lles toca vivir á xente do mar, sobre o dañinas das políticas do Goberno de Feijóo dende que chegou ao poder, agravadas durante esta última lexislatura e a súa visión de como se pode mudar esta situación para ter futuro nun dos sectores primarios esenciais para Galiza.