xoves, 24 de marzo de 2016

Yes Scotland: o que puido ser e non foi #indyref #WeeBlackBook #YesScotland #IndependenceDay

 O 24 de marzo de 2016 era a data elexida proclamar oficialmente a independencia de Escocia. Esta data estaba recollida no White Paper (Borrador Branco) que o Goberno de Escocia presentou como folla de ruta no caso dunha eventual independencia do país; o White Paper contiña todas as indicacións dos pasos a dar se o pobo escocés votase YES. Pero Escocia votou NON, e hoxe moitos recordan esta data como o que puido ser e non foi.

O The National, nacido ao calor da derrota  do Yes Scotland no referendo do 14 de outubro, adica neste día un especial ao YES. The National naceu hai xa mais dun ano pola clara necesidade de ter soporte informativo pro-independentista por mor da terrible manipulación e propaganda dos medios tradicionais.

De especial mención é o artigo que o The National lle pediu a Alex Salmond. O artigo, ven sendo o discurso que Alex Salmond tería lido nun dia coma hoxe de ter gañado o YES. É moi interesante imaxinar como sería Escocia e o Goberno escocés nese caso, pero segundo a visión de Alex Salmond, el tería estado ainda no poder, terían levado a cabo o proceso con total normalidade, estarían a piques de facer as primeiras eleccións dun Parlamento independente, unha constitución escrita estaría a piques de ver a luz, Escocia integraríase logo da súa petición formal nas  Nacións Unidas, as armas nucleares pasarían a formar parte do Estado e os orzamentos adicados a Trident, redirixidos a políticas sociais. Iso si, a Raiña de Inglaterra seguiría sendo tamén a Raiña de Escocia, e malia a oposición de Osborne a que Escocia utilizase a libra, iso non sería para nada un problema real para un novo País independente....

Estes artigo, xunto co exemplar especial que publica o The National un día coma hoxe, o deixo aquí a disposición vosa neste link. 

A herdanza dunha campaña baseada na ledicia, nos argumentos construtivos e na positividade

A proliferación de páxinas de información alternativa e blogs, conseguíu facer a campaña do Yes unha campaña chea de ledicia e de inventiva, especialmente a nivel de redes sociais. Xente que nunca estivo comprometida nin participara en ningún acto político, animouse a formar parte dun exército de voluntarios por toda Escocia; e como ben podedes comprobar continúan activos e preparándose para o que a maioría deles considera imparable: un novo referendo.

O alto nivel de educación política e de compromiso nas campañas, vese agora nas rúas de Escocia e continúa palpándose nas redes sociais. Os proxectos que naceron ao calor da campaña do referendo de independencia e dos vivos debates, estánse mellorando e revisando para reforzar a súa difusión.

Unha das revelacións de #indyref foi sen dúbida Wings Over Scotland, que analizou con lupa cada pequeno argumento da campaña Better Together, cada manipulación publicado nos xornais e emitida nas televisións tradicionais escandalizando mesmo aos que defendían a súa obxectividades; Wings Over Scotland, o polémico, o indomable, o imparable Rev. Stu, xa rompeu moldes co seu famoso "Wee Blue Book" (libriño azul) pequena guía de peto para defender os argumentos do si, analizando onde fallaban ou/e mentían os argumentos da campaña "Better Together" e que defendía a campaña do "Yes Scotland"

Wings Over Scotland, que cada vez que realiza un crownfunding os seus detractores choran desesperadamente porque consegue o seu obxectivo nunhas poucas horas, publica agora o "Wee Black Book" e analiza o que a campaña do Proxecto Medo dixo durante o referendo, quen o dixo e como o dixo, onde estivo a mentira e que pasou despois do referendo de independencia ata a actualidade.

Aquí podedes ver esta marabilla de libriño negro, e non vos perdades cada pequeno detalle, porque é simplemente maxistral

http://wingsoverscotland.com/the-wee-black-book/


Ningún comentario:

Publicar un comentario