venres, 4 de marzo de 2016

Rolda de prensa da Plataforma Muros-Noia #Acuicultura #Pesca #Marisqueo #Audio

Moitísimas grazas a Plataforma Plademar Muros-Noia por facilitarme o audio desta rolda de prensa que vos recomendo escoitedes con moita atención. Nela nos contan como valoran eles a manifestación do #27F, fálannos tamén da súa recente visita a Bruxelas, da que nos ofrecen conclusións demoledoras. Esixen responsabilidades políticas. Tamén denuncian o acoso da Administración contra os traballadores de distintos sectores de pesca e marisqueo galego.

Esta xente moza de Plademar Muros-Noia está invertindo moitas horas persoais para defender postos de traballo e un futuro non só para eles, senón para nós e as xeracións vindeiras. Parabéns polas vosas aportacións e o voso traballo.




Noticia recollida no Canal TV27 Barbanza
http://www.tv27barbanza.com/?p=9106





Ningún comentario:

Publicar un comentario