martes, 15 de marzo de 2016

Nicola - uninterrupted - on Scotland's economy and current deficit via @moridura (thank you Peter Curran)

http://moriduraalt.blogspot.com.es/2016/03/nicola-sturgeon-on-gers-report-and.html

A BBC continúa deixando titulares do seu escandaloso sesgo en particular con Escocia. O programa BBC Question Time celebrado en Dundee hai unha semana provocou outro episodio de humor escocés nas redes... pola ausencia de nativos dundonianos e escoceses no plató do debate.

Durante unha entrevista con Andrew Neil (BBC), a Primeira Ministra de Escocia foi, como ven sendo habitual, constantemente interrumpida e gravemente increpada polo veterano xornalista. Tanto é así que había momentos nos que era totalmente inaudible e outros nos que apenas se lle podía escoitar.

Peter Curran reeditou este video para ter oportunidade de escoitar dunha tacada á aspirante a repetir mandato nas eleccións que se celebrarán o 5 de maio de 2016 ao Parlamento escocés.

O video orixinal podedes velo neste link:
https://youtu.be/CaTc46zwFm4 Comparade e reflexionade... e amosádello a quen ainda pon á BBC como exemplo a seguir. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario