Cómo é posible que un Goberno en funcións, "pase" de dar explicacións do que fai ou o que deixa de facer no Congreso? Como é posible que un goberno en funcións continúe tomando decisións como a renovación da licencia de ENCE?
Como é posible que un Presidente en funcións vote en Europa a favor dun acordo anti-dereitos humanos con Turquía e ás poucas horas o Ministro de Exteriores en funcións diga todo o contrario supostamente representando a todos os cidadáns do Estado?
Como é posible que un Goberno en funcións dun Partido político envolto en casos cada vez mais evidentes e escandalosos de corrupción e financiación ilegal, se permita a chulería e a falta de ética e de vergoña, de "pasar" de dar explicacións das súas actividades dirixindo o Estado enteiro?
Como é posible que un Goberno en funcións continúe bloqueando o funcionamento dos órganos democráticos e aplicando normas e leis que xa a meirande parte dos deputad@s rexeitaron ou anunciaron que van derogar?
Que pasa cós cidadáns que nos preguntamos si o que di ser Presidente en funcións está ata o pescozo de corrupción? Que pasa cos cidadáns que se preguntan cada día por que clase de delincuentes estamos gobernados? Que é o que está aprobando este Goberno en funcións para non querer dar explicacións da súa xestión interina?
En que país democrático un Goberno interino deixa de dar explicacións do que está a facer no proceso ata un novo Goberno? Quen audita isto? Onde hai que denunciar?
A qué Institución hai que acudir para botar abaixo este enxendro anti-democrático?
O que está a facer o Sr. Rajoy e o seu Gabinete en funcións
ao non querer someterse ao control do Congreso é propio dos mais escuros tempos da historia moderna de España ... non é mais que involución democrática en sumo grao.
E agora que? Quen nos vai falar do respecto ao pobo é a democracia sin rirse de nós á nosa cara?
Ningún comentario:
Publicar un comentario