sábado, 12 de marzo de 2016

Conferencia de Primavera do #SNP16 - Discurso de Nicola Sturgeon // Nicola Sturgeon's speech #SpringConference

Como ven sendo habitual, os discursos de Nicola Sturgeon non decepcionan.

En Glasgow, ante mais de 3000 delegados do partido, Nicola Sturgeon fixo as xa habituais chamadas a traballar duro e continuamente, a non dar nada por garante, a escoitar e convencer todos e cada un dos días especialmente a aqueles que votaron non no referendo do 2014, para poder a partires do verán (despois da celebración do referendo sobre Brexit) a crear unha nova e mais forte campaña de independencia para Escocia.

Ratificación das políticas sociais e anti-nucleares e unha petición expresa de apoio para continuar sendo, a partires do mes de maio (data das eleccións escocesas) a Primeira Ministra de Escocia.

Cunha situación do laborismo escocés en caida libre xa dende hai anos, o SNP ten a oportunidade de repetir, mesmo reforzado, a maioría absoluta. O SNP é e será a verdadeira oposición aos conservadores.


News/Noticias:
http://www.theguardian.com/politics/2016/mar/12/nicola-sturgeon-snp-to-resume-drive-for-scottish-independence 
http://okdiario.com/internacional/europa/los-nacionalistas-escoceses-lanzaran-una-nueva-ofensiva-por-la-independencia-este-verano-87742 
http://www.lavanguardia.com/internacional/20160312/40387993163/partido-nacional-escoces-nueva-iniciativa-independentista.html 
http://www.eldiario.es/politica/SNP-intentara-impulsar-independencia-Escocia_0_493801041.html 
https://actualidad.rt.com/actualidad/201874-escocia-busca-independencia-referendum 
http://www.vilaweb.cat/noticies/escocia-tornara-a-plantejar-el-proces-dindependencia-aquest-estiu/ 
 




Ningún comentario:

Publicar un comentario