Este é o mapa político da
representación de Escocia en Westminster dende 1955 ata a actualidade.
Teño que admitir que cando o vin
onte nas redes, sentín certo alivio ao ver como os conservadores escoceses (que
en 1955 eran algo semellante ao PP de Fraga) empezaron a desvanecerse, ao tempo
que incrementaban as políticas que atacaban e ferían de morte os dereitos dos
traballadores, dos máis indefensos; e con elas tamén menguaban e desaparecían
as posibles políticas sociais e populares daquela época, xa que aceptaban, e
mesmo promovían, que Londres tratase a Escocia coma un cero á esquerda,
beneficiando tan só a unha élite... (que panorama tan semellante temos aquí
verdade? )
Levou un tempiño, si, pero a
evolución política non parou e a representatividade escocesa mudou de cor....
laboristas e liberal-demócratas colleron o relevo, asegurando defender os intereses
do pobo escocés; de feito foi co laborismo cando se logrou que o Parlamento
escocés fose unha realidade... ata que chegou Blair... e o ataque sistemático
aos intereses de Escocia... e a súa guerra de Irak... e o Scottish National
Party (SNP) colleu forza, e Escocia empezou a falar con voz propia, a debatir
sobre o seu futuro, democraticamente.
O SNP, (que non é perfecto, por
suposto) naceu para defender a independencia de Escocia, está nos seus
estatutos fundacionais; comprometeuse en 2007 a levar a cabo políticas
dirixidas aos mais indefensos, aos traballadores, aos pensionistas, aos
xóvenes, ás mulleres... O seu compromiso anti-nuclear é inamovible, tamén a súa
aposta polas enerxías alternativas, pola sanidade e a educación universal, a
súa defensa da pesca escocesa...; e mais actualmente a súa postura en canto a
crise dos refuxiados, coas que está dando leccións de internacionalismo, de
solidariedade, de empatía, de humanidade....
En 2011 o SNP conseguíu unha
maioría absoluta nas eleccións escocesas, nun sistema que estaba deseñado para
que ningún partido político lograse; o pobo escocés decidiu co seu voto romper
a baralla e tiveron un referendo (e non morreu ninguén... foi entera e
totalmente democrático, pacífico e enriquecedor!) ... a campaña do SI perdeu, é
verdade, pero nas seguintes eleccións o SNP conseguiu 56 de 59 deputados en
Londres (último mapa da foto), despois das mentiras que usaron
conservadores-laboristas e liberal demócratas para evitar a toda costa a
independencia desta Nación; e porque a xente entendeu cal era a prioridade para
Escocia a unidade fíxose realidade...
Veremos que pasa en Escocia o 5
de maio, pero todo parece indicar que o pobo escocés vai optar maioritariamente
pola cor amarela para debuxar o Parlamento de Holyrood...
Aprenderemos en Galicia/GZ? Cando
nos levará aprender esta lección?