mércores, 24 de febreiro de 2016

O trunfo da negociación política a alto nivel de Escocia #fiscalframework #Scotland #Devolution #Pactofiscal

Pois si... iso é negociación política e o demais son coñas.
O Goberno escocés despois de moitas e intelixentes presións, da man da súa Primeira Ministra, Nicola Sturgeon e o segundo de a bordo, John Swinney, acaban de forzar que Cameron entregue as competencias de financiación en materia de control dos impostos... algo que vai dar mais marxe de manobra á hora de xestionar os orzamentos do Parlamento escocés xa que tal e como explicaba a First Minister de Escocia, este acordo impedirá que o Goberno británico lle quite un só penique aos orzamentos escoceses. 

Con esta vitoria, os discursos do laborismo e conservadores escoceses queda mais malferido de nunca de cara ás eleccións de maio...
Parabéns, ao equipo Sturgeon-Swinney!

Evidentemente a BBC e outros xornais continuas co seu xa habitual mal informar e evita darlle importancia a un feito que ocasionou moita polémica durante todos estes meses, e que foi utilizado para atacar continuamente ao SNP e a Nicola Sturgeon.





 
Noticias /News:

http://www.thenational.scot/news/a-win-for-team-scotland-john-swinney-nails-fiscal-deal-by-seeing-off-7bn-treasury-grab.14167



Ningún comentario:

Publicar un comentario