125 censados, 100 representantes
do mar presentes durante a votación, 62 votos en contra, 37 a favor, 1 en branco...
O Sr. Presidente da Federación de Confrarías debería ter presentado a súa dimisión. Mais
o concepto de maiorías e democracia dalgunha xente neste País é realmente
patético e insultante.
Como un Presidente dunha
Federación, cun resultado asembleario tan contundente, pode permanecer no
cargo? Calquera persoa, rexéndose por cálculos democráticos aceptaría o
resultado, obedecería e sairía pola mesma porta pola que entrou.
Pero o señor Tomás Fajardo,
Presidente da Federación de Confrarías parece que xa tiña os cálculos feitos...
seguramente ben asesorado (coma sempre) ... e con esta antidemocrática
prepotencia só vai conseguir aumentar as desconfianzas que xa existen contra
el, e a súas manobras van pór (aínda mais) en entre dito quen é a voz do seu
amo (mellor dito, da súa ama).
Botou man dos estatutos canto
anulou a primeira votación que pedía facer unha manifestación antes das
eleccións xerais, dilatando ata despois das eleccións unha nova asemblea para
decidir a agora convocada manifestación do 27 de febreiro. Invitou a irse a
quen non estivese de acordo, alegando que a pertenza á Federación era
voluntaria (que desvergoña!). Cometeu un erro imperdoable, ao non presentar
unha proposta consensuada do sector do cerco galego, nunha reunión clave para a
solución dun conflito... e outros moitos "pequenos erros de xestión" que serían mais que
suficientes como para que por dignidade e por ética, deixase o cargo.
Foto: I.C. |
A xente do mar precisa doutras
políticas e doutros dirixentes e doutros representantes, pero tamén doutro
xeito de funcionar, doutro talante, que obedeza ás das maiorías, a esas
maiorías que tanto a Sra. Conselleira, como o seu séquito na luz e na sombra,
nunca van recoñecer nin respectar.
Noticias relacionadas:
http://www.farodevigo.es/mar/2016/02/14/fajardo-sigue-presidente-positos-pese/1404374.html
http://www.laopinioncoruna.es/mar/2016/02/14/fajardo-sigue-cargo-pese-reprobarlo/1041475.html
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/maritima/2016/02/14/tomas-fajardo-soubera-irme-acabarian-os-problemas-sacariame-do-medio/0003_201602G14P38993.htm
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/maritima/2016/02/14/fajardo-aferra-cuestiono-60-censo-seguir-cargo/0003_201602G14P38991.htm
http://praza.gal/movementos-sociais/11183/fajardo-segue-a-fronte-da-federacion-de-confrarias-malia-ter-a-maioria-na-sua-contra/

(Por certo, o 27, estamos chamados tod@s a participar na manifestación en defensa do Mar. Alí estarei, e espero que todos vós tamén.)
O 27 de febreiro, tod@s a Santiago de Compostela a defender o futuro do Sector do #Mar e o noso futuro. Non faltedes pic.twitter.com/3YVJtIQmKO— Pilar Fernandez (@pilaraymara) febrero 13, 2016
Ningún comentario:
Publicar un comentario