venres, 22 de xaneiro de 2016

CRISE DO CERCO : DE ERROS, FALLOS HUMANOS E OUTROS EUFEMISMOS VARIOS #OCerco #RepartoXusto



A dimisión dun dos Vicepresidentes da Federación Galega de Confrarías pola xestión da crise do Cerco non colle de sorpresa. É vox populi o malestar crecente do sector coa que actitude que Fajardo denomina "erro humano". Non nos confundamos.

De erros humanos podemos falar cando non se ostentan cargos tan importantes como Presidente da Federación de Confrarías, claro que pode haber fallos humanos.. non somos infalibles e nos equivocamos.

Mais dende o momento en que nunha negociación do calibre da do Cerco, con dous meses que levaban daquela de acampada, co Nadal ás portas, e cando os Patróns Maiores pediron/esixiron/acordaron que se presentase unha proposta como solución global dun sector en conflito, nunha reunión/ negociación tan importante, supúñase que o que tiña que ter feito o Sr. Fajardo era presentala e defendela, cousa que non fixo (a saber porqué).

Desta proposta, que é un clon da aprobada recentemente en Cantabria, soubemos porque algún medio o publicou días despois... moitos nos preguntamos a razón, sobre todo cando se coñeceron os detalles da reunión do 22 de decembro de 2015. E a mesma proposta, foi rexeitada (dende os medios) pola Asociación que representa un sector minoritario  e seguidamente pola persoa que está manipulando e enfrontando a todo o sector en vez de buscar solucións conciliadoras que beneficien a todos, que é a Conselleira Rosa Quintana. Curioso xeito de actuar, xa que parece que as negociacións e avisos a navegantes fanse dende os medios, especialmente dende eses medios que tratan de subsistir subvencionados polo Goberno galego. 

Fálase entón,Sr. Fajardo, non dun fallo humano, senón de INCOMPETENCIA e exceso de compracencia coa que debería ter dimitido hai tempo. A tempo están de presentar as súas dimisións, o Sr. Fajardo, a Sra. Quintana, e se esta non quere, eu de Feijóo a cesaría fulminantemente antes de que a auga lle chegue ao pescozo. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario