Nada esperaban
e nada lograron. Nada? Ao contrario, lograron moito, lograron estar unidos, coñecerse e que moit@s coñezamos agora que
está a acontecer cun dos pilares básicos da economía galega: a pesca. Lograron
organizarse, con distintas visións, con distintas ideas, con distintos
pareceres e análises; lograron
mentalizarse e concienciar que hai que loitar polo que se quere conseguir,
porque do contrario desaparecen. Lograron
formar unha familia de redes, unha familia de mar.
A solución
de #OCerco agora pasa pola presión dende os Concellos, os sindicatos e as
organizacións políticas ata lograr un #RepartoXusto. Non é de recibo que unha
asociación minoritaria, amigos de Rosa Quintana, empuxe á maioría ao despezamento.
Urxe unha mesa de negociacións que decida como se vai xestionar as cotas que
ten Galicia para TODA a frota pesqueira. Non valen peros.
Non é de
recibo que se presente aos armadores e mariñeiros de ACERGA como os malos da película. Alguén debería investigar porqué
esta cerrazón de protexer só a 20 barcos, non ten sentido, que hai detrás de
todo iso? Ambición? Avaricia? Prepotencia?
Medo a perder cartos? Sobres en B? Mercado negro?
Mesmo poñéndonos
no lugar do Partido Popular, toda esta situación é un misterio, 2 mais 2 suman
120... os 120 barcos que lle molestan a Dona Rosa Quintana e tamén ao
Presidente (disque) de todos os galeg@s, que ata o de agora non moveu un só
dedo para resolver este conflito, e permanece impasible e cómplice desta
situación (ao igual que todo o seu Gabinete de Goberno), eludindo escandalosamente as súa responsabilidade.
E namentres
a acampada de ACERGA sigue sumando
días... e seguirá. As mulleres continúan activas e non van parar, tampouco os
armadores de Acerga van deixar isto así, é unha cuestión de supervivencia. Como moi ben dicía Marcos Alfeirán, un dos mozos armadores que loita polo seu futuro:"seguiremos loitando por un reparto xusto ata a morrer si é preciso".
E namentres,
a rebelión na costa medra. A ameaza da Lei de Acuicultura e a privatización do
marisqueo, das augas costeiras de todo o litoral galego faise cada día maior.
Cóntanme que hai presións de todos lados para que os Patróns Maiores asinen a
toda presa... Porta xiratoria? Posiblemente. Hai que moverse, hai que loitar
por un ben común.
Hoxe empezaron polo cerco, pero TODA a flota e marisqueo galego está en perigo. O que pense que non lle vai tocar porque agora está ben, que mire como estaban outros moitos barcos galegos hai anos... e logo que pense outra vez; o que pense que loitando non se consigue nada, que analice se estar inmóbil rascándose a barriga na casa e queixándose vai solucionar algo, mentres outros dan a cara, o corpo e a alma por todos.
A solución
pasa agora por manter a presión xa existente e facer campaña para cambiar un
Goberno que leva anos ignorando, insultando, desprezando ao sector pesqueiro
galego. A solución pasa agora por poñerse en funcionamento para cambiar
profundamente as cousas. De todos é responsabilidade traballar arreo para
logralo. Non teremos perdón de deus se non o facemos. Non temos desculpa. Continuemos
fortalecendo as redes e traballemos todos coma unha boa tripulación dun barco
no que ou chegamos a bo porto, ou imos á deriva.
Ningún comentario:
Publicar un comentario