venres, 29 de xaneiro de 2016

#Acuicultura: Canto antes o digo...

Que era unha manobra de emerxencia do Goberno Galego, estaba claro... e que era unha mensaxe dirixida aos Alcaldes do PP "rebeldes" tamén... a proba é que onte no Pleno do Concello de Malpica, a disculpa que deu o Alcalde para non aprobar unha moción contra a acuicultura era esa: "Feijóo xa parou o Proxecto de Lei".
Coa pre-campaña electoral xa en marcha, era visto que Feijóo ia tratar de salvar os mobles para evitar o mínimo dano a un Partido Popular que cada día é mais impopular, déspota e tecnócrata.

O que pasa que como ben explicou José Blanco  (Presidente de Acerga) durante o levantamento da acampada, cando se teñen dous mariñeiros continuamente cometendo erros en manobras, hai que sustituilos ou o barco vai a pique. E parece que o Sr. Feijóo non se enterou ben de quen ten ao mando da Consellería, ou é cómplice absoluto das incompetencias manifestas destes dous grumetes que son Rosa Quintana e o Sr. Maneiro...
O Sr. Feijóo optou por falar de "facer un alto no camiño" pola mañán, a Sr. Quintana xa falaba de "pausar" pola tarde, e hoxe, xa sen rubor algún, o Sr. Maneiro confirma o que xa eu, como "palizón" no barco, vos expliquei neste video que deixo a continuación.

Insiste o Sr. Maneiro en buscar o consenso... o consenso, señores representantes das multinacionais, xa está buscado e é maioritario: NON á Lei de Acuicultura. Si a un futuro coa nosa xente do mar, con boas condicións de pesca e cunha economía que dea de comer a TODOS. Queremos vivir dignamente, os de Terra, e os de Mar. 

Noticia de referencia: 
 http://www.lavozdegalicia.es/noticia/maritima/2016/01/29/juan-maneiro-span-langgl-ningun-momento-falou-retirar-lei-acuiculturaspan/0003_201601G29P36991.htm



Ningún comentario:

Publicar un comentario