As mulleres do cerco continuarán cun calendario de actividades. Entre elas esta nova acampada de mulleres en San Caetano.
Non só se admiten mulleres voluntarias,
senón que estaría fenomenal que as organizacións políticas e sindicais, asociacións sociais , agrupacións culturais e demais se uniran a esta acampada e a outras actividades que van ir sendo anunciadas
A loita das #mulleresgalegascerco continuará ata que acaden un #repartoxusto da cota de pesca. Así que xa sabedes: animádevos e poñédevos en marcha e participade colaborando e dando ideas! Que non se vos esqueza que este ano hai eleccións e temos moito que cambiar, porque senon cambiamos este goberno imos ter que emigrar...
Este é o link do evento en Facebook. Anotádevos e se tendes algunha dúbida. Mandádelle mensaxe a Adriana que estará encantada de falar con vós e de explicarvos todo o referente as súas actividades. Moita forza a estas super-mulleres!
https://www.facebook.com/events/1664045990512181/
Ningún comentario:
Publicar un comentario