O 22 de decembro, o sector do cerco foi convocado pola Consellería do Mar a participaren nunha xuntanza para resolver a situación.
Tras 62 días de acampada, había moita expectación e moita desconfianza nos armadores galegos; a actitude da Conselleira do Mar, Rosa Quintana, foi de enrocamento e mesmo despectiva con eles e con todas as familias que dependen do mar. Por iso, as mulleres do cerco, ao mesmo tempo que a xuntanza tiña lugar, convocaron aos Alcaldes galegos para lanzar un SOS e pedirlles que se puxeran en marcha para esixir ao Presidente da Xunta de Galicia que defendera e solucionase esta situación dunha vez. Aquí vos deixo o video recopilatorio realizado por Douglas e por min desta xornada.
Ao remate da reunión coa Conselleira e da asamblea dos armadores para valorar a mesma, Andrés García, portavoz de Acerga, nos explicou as conclusións as que se chegou:
Andrés García, Portavoz de Acerga nos explica o resultado da xuntanza coa Conselleira e da asamblea posterior para analizar as propostas e decidir os pasos a seguir. A Acampada continúa.
Posted by Pilar-Aymara Fernandez on martes, 22 de diciembre de 2015
Evento realizado o 22 de decembro de 2015 das mulleres galegas do cerco ao mesmo tempo que os representantes de Acerga participaban nunha reunión convocada pola Consellería para resolver a súa situación.
Posted by Pilar-Aymara Fernandez on martes, 22 de diciembre de 2015
Coidado cos titulares engañosos que anuncian un "principio de acuerdo" porque que saibamos o campamento segue en pé, os...
Posted by Eu apoio o cerco de galicia on miércoles, 23 de diciembre de 2015
Ningún comentario:
Publicar un comentario