xoves, 3 de decembro de 2015

Reino Unido en Guerra, Europa en guerra // UK at war, Europe at war #DontbombSyria #NotoWar #NonáGuerra

Onte tivo lugar en Westminster un longo, extensísimo debate, no que Reino Unido decidiu finalmente intervir militarmente en Siria.

As cifras, os datos que os defensores da guerra deron non están para nada constrastados, nin son convincentes. A politica da destrución e do medo gañou de novo.

Mentras o debate tiña lugar, miles de persoas rodeaban Westminster nunha multitudinaria concentración baixo o lema "Don't bomb Syria". Deputados do SNP, Verdes ou mesmo algún laborista, uníronse ao evento despois da votación, dirixíndose á xente alí reunida.



Moita xente preguntábase o porque da non publicación da Chilcot Inquiry sobre Irak, agora quedan claras as razóns. A convivencia de conservadores e laboristas (Blairistas) nesta nova guerra queda patente e evidente nalgúns dos discursos.

O SNP liderou a oposición real, con discursos maxistrais por parte de Angus Robertson e Alex Salmond, voceiro do Partido Nacional Escocés en Westminster. Minutos despois da votación, lanzaban unha campaña de recollida de firmas que en menos de 12 horas xa colectaba mais de 64.000.
(Grazas coma sempre a Peter Curran @moridura por estes videos)






En 12 ocasións deputados de distintos partidos esixiron a Cameron que se retractase da súa declaración a noite anterior, chamando "simpatizantes dos terroristas" a todos aqueles que estaban en contra de bombardear Siria. Non é casual, se recordades, o Partido Conservador Europeo non hai moito, sacou un comunicado culpando aos votantes de partidos de esquerdas, da auxe do terrorismo.
É o que a dereita e a extrema dereita sabe facer: criminalizar e satanizar para lograr os seus propósitos. Sigamos pois, loitando para vencer a estes inimigos da humanidade. As guerras nunca foron nin nunca serán boas para ninguén. E menos, estas guerras basadas en mentiras apoiadas por grande propaganda mediática.



Non á guerra,  Non no meu nome!
Posted by Pilar-Aymara Fernandez on jueves, 3 de diciembre de 2015




Ningún comentario:

Publicar un comentario