martes, 1 de decembro de 2015

Alex Salmond on Syria // Alex Salmond sobre Siria #NotoWar #NotinMyName #Syria

Alex Salmond explica as razóns de porque o SNP estará votando NON á intervención militar de Reino Unido en Siria. 

Siria, di Alex Salmond, é o país mais bombardeado da Terra na historia da humanidade e cada bombardeo complica mais a situación para a poboación civil, e non axuda para nada a combatir o terrorismo incrementando, eso si,  a ameaza para occidente. 

Salmond fai un percorrido histórico das intervencións militares de Reino Unido en Oriente Medio e as consecuencias de todos eses erros garrafales. 

Por último, da alternativas para combatir o terrorismo de Daesh. 
Recordarvos que a Chilcot Inquiry (Informe sobre a intervención de Reino Unido nunha guerra ilegal fundamentada en mentiras) continúa sen publicar. E as últimas decisións e votacións do Partido Laborista en Westminster sobre Trident e agora sobre Siria, deixan entrever que non van ter distinta posición da de Cameron, para decepción e indignación de moitos que claman "Non á Guerra" #DontBombSyria 


Ningún comentario:

Publicar un comentario