martes, 17 de novembro de 2015

Refugees welcome // Benvid@s refuxiad@s #Syria #Siria #WelcometoScotland

A política exterior do Goberno de Escocia é ben distinta, e vése a leguas.
Dende que a crise dos refuxiados estalou, Escocia foi pioneiro na defensa dos dereitos humanos e en reclamar responsabilidades ao Goberno (racista) de Cameron.

Escocia, unha sociedade modélica en integración e respecto á diversidade, volve a dar un enorme exemplo de como hai que actuar nunha crise humanitaria.

Humza Yousaf, Ministro de Asuntos Exteriores e Desenvolvemento lanzou hoxe esta campaña, para dar a benvida a tod@s os refuxiad@s Sirios que empezan a chegar hoxe a territorio escocés. O propio Yousaf foi estes días atacado nas redes con insultos racistas pola súa orixe e a relixión que profesa, patéticas actitudes de intolerancia e feixismo que desgraciadamente nos acompañan tamén en todo territorio do Estado.

http://www.thenational.scot/news/welcome-to-scotland-first-syrian-refugees-due-to-arrive.10072

http://www.heraldscotland.com/news/14034705.Nicola_Sturgeon__There_is_absolutely_no_place_for_bigotry_and_prejudice_in_Scotland/?ref=fbshr
Tamén, Natalie McGarry e Mhairi Black, deputadas do SNP en Westminster, lanzaron un pequeno video para dar a benvida aos refuxiados.




As the first Syrian refugees arrive in Scotland, Mhairi Black MP and I took a moment to send a message of welcome. Welcome to Scotland!We know that people arriving here have seen things we cannot imagine, and have had to leave behind almost all but each other. We hope that Scotland takes them to her heart.
Posted by Natalie McGarry MP on martes, 17 de noviembre de 2015
A Primeira Ministra de Escocia, Nicola Sturgeon, advertiu que non se iban tolerar comportamentos racistas ou xenófobos e participou onte nun minuto de silencio na mesquita principal de Glasgow




Gracias ao pobo escocés por esta fenomenal campaña. Que orgullosa estou de formar parte en certa maneira deste pobo.

Congratulations, Scotland. So proud of my Scottish friends! Thank you for giving us an example of solidarity once again! 




Ningún comentario:

Publicar un comentario