(pic: |
O segundo de a bordo do SNP, Stewart Hosie, estivo esta mañán no programa The Marr Show e explicou con fortes argumentos a posición do Partido Nacional Escocés sobre unha mais que posible intervención de Reino Unido en Siria. Tanto o SNP como o Plaid galés xa amosaron públicamente a súa oposición a unha nova guerra en Oriente Medio.
Tamén o lider laborista Corbyn, opónse a unha nova intervención militar de Reino Unido en Siria pero enfronta unha revolta interna cós Blairistas, que piden a súa cabeza e mesmo públicamente pediron a súa dimisión como lider do Partido. O non publicado informe Chilcot sobre a Guerra de Irak e a cada vez mais evidente culpabilidade de Blair nunha mentira que ocasionou milleiros de vidas inocentes, é unha sombra que permanente está presente en todas as conversas e debates sobre esta posible nova intervención.
A vergoñenta abstención dos laboristas, que permitiu aos conservadores gañar a votación de renovación de armamento e submarinos nucleares en Escocia (TRIDENT) ao que SNP claramente se opón, levanta mais sospeitas ainda xa sobre a bancada do UK Labour na que moit@s deputados poden rachar a disciplina de voto e dar pe a que Cameron poida levar a cabo outro grave erro histórico.

Baixo o lema "Don't bomb Syria", miles de persoas manifestáronse onte en Londres. Este será, si o Parlamento británico non rectifica a súa intención de intervir militarmente, a primeira de grandes manifestacións populares en Reino Unido.
(Como sempre, gracias a Peter Curran, por estes videos)
Ningún comentario:
Publicar un comentario