mércores, 18 de novembro de 2015

A Cadena Ser visita a acampada d #OCerco #Acerga #Pesca #RepartoXusto


Parabéns á Cadena Ser polo seu programa en directo dende a acampada de Acerga en San Caetano, iniciada hai hoxe 28 días xa.
No programa, conducido por Luis Pardo,  os representantes de Acerga deixaron claro cales son as súas reivindicacións, a súa situación e as razóns polas que comezaron esta acampada. 

Tamén escoitamos a voz (nunca mellor dito) dun representante da Administración galega; e eu teño que dicir que me indignou escoitar ao Sr. Basanta, que tendo o seu despacho situado a pouco mais de 15 metros do lugar onde se emitía o programa "Hoy por Hoy" dende a acampada, entrou por teléfono. Que ben se vive dende os despachos falando de tecnicismos e sen ápice de humanidade e de empatía, que ben se vive defendendo a unha élite! 
O Sr. Basanta fixo un alegato ás súas orixes. Típico, o que pasa que lle faltou un detalle fundamental: dar a cara e asistir presencialmente no programa, el ou calquera outro responsable da Consellería do Mar.
Namentres, os mariñeiros de Acerga continúan acampados. Hoxe 28 dias de acampada. Non é doado estar nesas condicións precarias, dia e noite, aguantando a presión dos problemas, a preocupación por non ter que darlle de comer aos fillos, de non poder ter un futuro digno, a angustia de que hai que pagar aos bancos... espantando como se pode os medos, as inseguridades e as tensións.
Empecei a visitar o campamento de Acerga por solidariedade e consciente da gravidade do asunto, consciente do bloqueo informativo que vivimos cando as nosas reivindicacións, xustas e de sentido común, van en contra dos intereses dunha selecta élite.

Lembrade: "Non odiedes aos medios de comunicación, convertídemos en medios de comunicación"
Emocionalmente, e dígoo por experiencia, loitar polo traballo dun nunha acampada, nun peche, nun plante... ten un coste grande. Vaia dende aquí a miña admiración e o meu apoio total





Estou indignada ao escoitar ao Sr. Basanta, a 15 metros do programa "Hoy por Hoy" dende a acampada, e entra por telé...
Posted by Pilar-Aymara Fernandez on miércoles, 18 de noviembre de 2015


Ningún comentario:

Publicar un comentario