Hai pouco mais dun ano, o 11 de setembro, o meu home Douglas i eu asistimos
a unha rolda de prensa internacional en Edinburgh, representando a Sermos Galiza, xornal có que colaboro
sempre que podo. Alex Salmond concedeume a primeira pregunta e aproveitei para
cuestionar ao daquela Primeiro Ministro
escocés sobre si unha Escocia
independente permitiría o acceso da flota galega á augas territoriais
escocesas.
A pregunta viña a conto pola
actitude do Goberno español de ameazar con vetar que Escocia pertencese a Unión
Europea en caso de acadar a súa independencia. Nun proceso legal e vinculante
como o escocés, nada tiña que dicir nin o Goberno español, nin outros moitos
que se dedicaron a meter medo á poboación.
Escocia celebraba referendo de independencia legal e acordado co Goberno británico, pero
ao Goberno español de Rajoy, obsesionado có tema Catalán, non só meteu as narices
onde non lle chamaban, senón que ademais, pouco lle importou por en risco un
dos mais importantes sectores de importación/exportación e consumo de Galicia.
A meirande extensión das augas territoriais de Reino Unido pertencen a
Escocia, e por ela transitan barcos pesqueiros e de mariña mercante galega, ou
mesmo barcos con tripulación galega aínda sendo empresas mixtas. Moitos, os que
coñecedes o Gran Sol, sabedes de que estou a falar.
Aínda que os intereses de Escocia e Galicia en materia de pesca son
diferentes, os escoceses sempre
mantiveron unha actitude solidaria durante as negociacións en Bruxelas. Non
tiña ningún sentido que o Goberno español bombardeara unas boas relación, polo
seu pánico e a súa propia neglixencia no seu territorio.
A miña intervención foi recollida non só por Sermos Galiza, senón pola
BBC e a ITV e outra prensa británica que estaba presente na rolda de prensa, e tivo especial relevancia por
varias razóns:
1º) Porque a miña pregunta deulle pé a Alex Salmond a rebater amplamente o posible veto có que ameazaba o Goberno de
Rajoy sobre a pertenza ou non de Escocia na UE caso de acadar a independencia.
2º) Porque a miña gravación que fixen foi, para moitos escoceses,
fundamental para demostrar que Nick Robinson, xornalista da BBC, manipulara descaradamente
a contestación que Alex Salmond deu a unha pregunta sobre a filtración ilegal de
datos feita por Londres e pola propia BBC.
Tamén, e a modo de anécdota, esta xornada foi motivo dun cameo, no recen
publicado libro do meu queridísimo amigo Peter Curran, no que recolle no seu
relato de ficción, a miña pregunta e aproveita para explicar a importancia do
sector pesqueiro galego. Grazas, querido Peter.
Aquí vos deixo de novo a miña intervención, para que a escoitedes, e
entendades, que si o Goberno español non nos defende, e se o goberno galego non é
quen de defender os nosos intereses, haberá que cámbialo, e empezar a votar a
quen defenda os intereses das miles de familias implicadas no sector pesqueiro.