venres, 11 de setembro de 2015

De novo, unha pequena aclaración para despistad@s #IniciativaPolaUnión#candidaturagalega

Como moit@s de vos continuades preguntándome insistentemente sobre as novidades da Plataforma Iniciativa Pola Unión, é preciso que aclare algo de novo, outra vez,  para @s despistad@s.

Dende a celebración do Banquete de Conxo hai unha Comisión,  elexida por decisión da asamblea que é a que está traballando para unha candidatura de unidade. Eu NON formo parte desa Comisión, nin estou traballando nesa comisión, nin estou implicada no imaxino enorme traballo organizativo que están a facer.

Penso que cada quen temos que coñecer as nosas limitacións, e as nosas obrigas; e as miñas, por moitas razóns, son múltiples, coñecidas, e descoñecidas tamén. Hai que dosificarse, é unha das grandes ensinanzas que aprendín durante os meus 46 anos de vida. 

A miña postura a favor dunha candidatura ÚNICA galega é clara e inequívoca e seguirei apostando pola unidade; e se nesta ocasión a cerrazón, a torpeza, a ceguera ou as feridas abertas non permiten que a candidatura que precisamos como auga de maio sexa posible (e que espero que finalmente non sexa así e asumamos a situación de urxencia con responsabilidade), seguirei apostando unha e outra vez por unificar os esforzos poñendo foco no verdadeiro inimigo desta nosa Nación, en vez de tirarnos pelotazos uns aos outros.

Espero que todas as noticias negativas que vexo na prensa, e que o único que nos aportan é lixo, queden nunha anécdota; espero que tod@s poidamos na medida das nosas posibilidades, aportar cadanseu grao de area para que quede todo en pequenas pedras no camiño. No meu caso, por suposto,  seguirei aportando o que poda en cada momento, por pouco que sexa.


Pero insisto,  hai un grupo de persoas que son a Comisión Coordinadora de Iniciativa pola Unión, que se presentaron públicamente no Acto das Arengas, e que foron elexidas pola asamblea do Banquete de Conxo  que precisan de tanto respecto, apoio e agarimo como o que tiven eu de tod@s vós durante a preparación do 25 de Xullo. A eles/elas, grazas por asumir a responsabilidade, forza e ánimo!

E para os que queirades saber como van as cousas, por favor, non me preguntedes porque sei tanto coma vós, seguide o facebook, o twitter e participade, colaborade con eles.
Facebook: 


Ningún comentario:

Publicar un comentario