Pasado casi un ano dende a realización de #indyref, unha recén publicada enquisa de Ipsos Mori indica que a maioría dos escoceses votarían a favor da independencia de celebrarse hoxe un segundo referendo.
Esta tendencia pro independencia leva incrementándose dende o 19 de setembro de 2014 ata o presente polo incumprimento das promesas realizadas ao pobo de Escocia (The Vow - Smith Commission - Scotland Bill), e os continuos desplantes do Goberno de Reino Unido despois das últimas eleccións, nas que o SNP acadou 56 dos 59 deputados da representación que lle correspondía a Escocia na Cámara dos Comúns. A realización o vindeiro ano do referendo sobre a pertenencia ou non de Reino Unido á Unión Europea, impulsa con forza a tendencia do voto ao YES.
A mesma enquisa indica que o SNP, que neste momento ten 64 deputad@s en Holyrood, aumentaría a súa maioría ata 74 deputados (55% intención de votos nas enquisas) nas eleccións que terán lugar o vindeiro mes de maio de 2016 ao Parlamento escocés. A incógnita de si Nicola Sturgeon decidirá a inclusión de #indyref2 no programa do SNP para estas eleccións, está xenerando debate nestas últimas semanas. A FM Nicola Sturgeon chama sempre que pode á calma e insiste que un segundo referendo ocurrirá cando o pobo escocés decida que debe ocurrir. Pronto sairemos de dúbidas.
— Nicola Sturgeon (@NicolaSturgeon) septiembre 2, 2015
Información publicada por Scottish Television (STV):
E recollida nos seguintes xornais:
http://www.thenational.scot/news/majority-of-scots-back-independence-according-to-new-poll.7106
http://www.scotsman.com/news/politics/top-stories/53-of-scots-would-vote-yes-to-independence-poll-1-3875671
http://www.heraldscotland.com/news/13641152.Poll__53__of_Scots_would_back_independence_if_second_vote_were_held_now/
http://www.independent.co.uk/news/uk/politics/scotland-would-vote-for-independence-in-a-second-referendum-new-poll-finds-10482946.html
http://www.dailymail.co.uk/news/article-3219746/Majority-Scots-independence-Shock-poll-reveals-54-vote-leave-UK-second-referendum-called.html
A year after the ref 53% would now vote Yes. I suppose they now see the reality of this Tory Gov't we didn't vote for http://t.co/8lH8mLWemw
— Pete Wishart (@PeteWishart) septiembre 2, 2015
Ningún comentario:
Publicar un comentario