martes, 29 de setembro de 2015

A valente diplomacia do Goberno escocés #27S #Catalunya #indyref #HeraldScotland

O proceso catalán non está pasando desapercibido en Escocia, que tén moi recente e moi vivo o seu propio debate sobre o  futuro da Nación, e son bós coñecedores de presións, historias de medo e manipulacións mediáticas. A mostras de empatía e solidariedade transmitidas polos escoceses durante días foi desbordante.

Tamén a nivel oficial, sucédense as declaracións e xestos dende o Goberno escocés para axudar no proceso Catalán.

Días antes das eleccións catalanas o eurodeputado do SNP, Alyn Smith, declaraba que a mellor solución para Catalunya sería que o Goberno español aceptase pactar a realización dun referendo estilo escocés, e pedía a Madrid que considerasen esa opción; e tamén  presentaba unha carta a Junker pola manipulación do Goberno español na tradución dunha comunicación oficial sobre Cataluña e a Unión Europea.




O Herald escocés, nun artigo de David Leask,  publicaba onte a noticia do valente e sabio ofrecimento do Goberno escocés para actuar como mediador no proceso catalán, caso de ser requerido, pola evidente experiencia que teñen neste tipo de procedimentos. Dita noticia foi ratificada vía twitter polo Ministro de Asuntos Exteriores, Humza Yousaf e recollida de inmediato en distintos medios de comunicación.




A Primeira Ministra escocesa, Nicola Sturgeon tamén valorou as eleccións catalanas, e asegurou que ainda que ámbolos dous procesos son distintos, Escocia estaba seguindo con moito interés o que acontecía.


Tamén o responsable de Asuntos Exteriores do SNP en Westminster, Alex Salmond, en declaracións para Russian TV, criticou duramente a actitude do Goberno Alemán e doutros lideres interferindo en asuntos internos doutros países en vez que defender que se leve a cabo un adecuado proceso democrático de toma de decisións en Catalunya.




E este é o artigo de opinión tamén de Alex Salmond publicado en Bloomerg View e no The National sobre Catalunya: http://www.thenational.scot/comment/alex-salmond-catalonia-isnt-a-problem-its-an-opportunity-and-europe-should-seize-it.8169

Ningún comentario:

Publicar un comentario