venres, 28 de agosto de 2015

Discurso de Nicola Sturgeon sobre a #BBC #bias #media #fullspeech #women #muller #AlternativeMacTaggart

 Alternative MacTaggart Lecture 

Nun intenso e interesante discurso en Edinburgh, a First Minister de Escocia, Nicola Sturgeon, expuxo a súa visión sobre o cada vez mais importante papel  das redes sociais, así como o menguante uso dos medios tradicionais de información; falou da súa experiencia durante a campaña de independencia e durante os pasados 16 anos, tempo no leva participando activa e públicamente en política.

Fixo especial fincapé en como os medios de comunicación tratan as mulleres, o terrible sexismo que  enfrenta a muller, sobretodo aquelas que están expostas ao público día a día. Mellorar o respecto e a situación da muller, e incrementar a participación activa en política das mulleres é un dos retos para Nicola Sturgeon. Consciente de que é un modelo a seguir para as xóvenes escocesas, di que é de imperiosa necesidade que dende os medios se coiden as formas, a atención e a cobertura recibida polas mulleres; é unha responsabilidade que   todos os medios deberían asumir para acadar unha sociedade mais avanzada e igualitaria.

As preguntas que se lle fan só a mulleres (non ter fillos, a moda, a apariencia...) ou o exemplo da recente portada do Spectator preguntándose se as candidatas femeninas a lider do Partido Laboristas tiñan bo aspecto para ser lideresas, serviu para pór en evidencia o trato recibido polas mulleres nos medios de comunicación.
A propia Nicola Sturgeon sufríu, dende que foi elexida First Minister, unha horrible campaña sexista e misóxina que recibiu milleiros de críticas nas redes e que abriu o debate sobre as líneas vermellas da igualdade de xénero.


Tratou tamén do imparable incremento no uso das redes sociais e a utilidade delas en casos como o #leakgate (filtrado de noticias falsas dende a Scotland Office contra Sturgeon durante a campaña de Eleccións Xerais a Westminster); Nicola Sturgeon asegura que o uso de redes sociais ten axudado a que exista un pouco mais de equilibrio e balance e menos sesgo.

http://pilaraymara.blogspot.com.es/2015/04/telegraph-zinoviev-smear-nicola-points.html
http://pilaraymara.blogspot.com.es/2015/04/donde-la-verdad-se-esconde-as-suxas.html

Nicola Sturgeon, que pide que Escocia, Gales e Irlanda do Norte teñan as súas propias canles de televisión,  dixo non creer que a BBC seguira un sesgo institucional mais fala de vacios de información na cobertura que fixeron que a información dada ao pública non fose equilibrada e obxectiva.

Durante o referendo deuse unha visión desequilibrada que beneficiou or argumentos unionistas, e dende a BBC (e a prensa tradicional) fomentáronse mais as voces en contra que a favor da independencia, favorecendo os falsos argumentos do Establishment e o status quo; o público escocés notou e criticou duramente esa falta de equilibrio e a BBC debería cando menos cuestionarse o porqué, dixo Sturgeon, e  facer un enorme esforzo pra rectificar así como facer cambios substanciais para recuperar esa credibilidade.

Nicola Sturgeon, como ven sendo habitual en cada actividade que participa, respostou ás preguntas neste caso lle fixo a nova editora xefe do The Guardian, Katharine Viner.




(Info about the video vía  Edinburgh International Television Festival Nicola Sturgeon, First Minister of Scotland and leader of the SNP, was the undoubted media star of the General Election and in her Alternative MacTaggart – the first to be given by a British politician – Sturgeon will discuss her relationship with broadcasters and the press with The Guardian’s new editor-in-chief, Katharine Viner. Also on the agenda will be charter renewal and her vision for broadcasting and production in Scotland in the run-up to Charter Renewal)

RECOMENDADO:
 Interview: Nicola Sturgeon on the last year in Scottish politics

Ningún comentario:

Publicar un comentario