Téñoo dito moitas veces, e quero deixalo ben claro. Gostaríame enormemente non só unha manifestación unitaria para o Día da Patria, senón tamén unha candidatura galega para as Estatais.
Hoxe mais que nunca é preciso que a voz de Galicia se escoite alta e forte, e que poidamos ter quen defenda os nosos intereses nos cambios nestes tempos vindeiros que xa dende Madrid están organizando para que todo continúe igual ou pior.
Temos representantes en Madrid e en Bruxelas dos que non fai falla dicir que son un orgullo para nós; algún caso é tan impresionante, exemplar e excepcional que eu a proporía cos ollos pechados como candidata a Presidencia dun Goberno Galego e faría campaña por ela (e tod@s sabedes de quen falo).
Pero agora fai falla un esforzo enorme por parte de tod@s nós. Si esa candidatura é posible, contarán con todo o meu apoio e compromiso. Galiza ben o precisa e temos que estar alí, onde nos queren ningunear.
Pídovos a tod@s, que por favor aunemos esforzos, que pensemos en grande, en positivo e en constructivo, que deixemos atrás teimas que non só nos minimizan senón que lle fan o xogo a aqueles que levan anos tratando de facernos desaparecer como País. Temos potencial, temos forza, temos razóns de peso para buscar esa unidade de acción, cuns mínimos e cúns máximos tamén, como non!
Medremos políticamente e escribamos unha nova páxina na nosa historia, entre todos. Fagamos sentir a voz de Galicia mais alta que nunca.
Publicado en Sermos Galiza o 6 de Xullo de 2015
Publicado en Sermos Galiza o 6 de Xullo de 2015
Ningún comentario:
Publicar un comentario