martes, 9 de xuño de 2015

Unha estrela en EEUU chamada Nicola Sturgeon #Scotland #ConnectingScotland #Women


Nicola Sturgeon está visitando EEUU para promocionar Escocia na súa primeira viaxe oficial coma First Minister. A visita nos está deixando imáxenes que fan as delicias dos escoceses, ou mais ben da maioría dos escoceses.

Líder escocesa conquista EEUU con su excepcional sentido del humor

Nicola Sturgeon, Star of Scottish Politics, Vows to Secure More Power 

Coma ven sendo habitual, a prensa británica ofrece de xeito sesgado declaracións de Sturgeon que nada teñen que ver coa agarimosa acollida que está tendo en realidade.





Voces críticas en Escocia e en Reino Unido poñen en dúbida a valía desta representación, cousa que por outra parte é o mais lóxico e razonable no seu rango, e xa empeza a dar froitos.


A máxima mandataria escocesa propúxose, entre outras moitas cousas, reforzar e ampliar as relacións internacionais, nun momento no que o Parlamento británico opta por abrir a porta á rupturas coa Unión Europea. 
Nicola Sturgeon, deu hai uns días un discurso en Bruxelas, onde manifestou que a postura oficial de Escocia é a permanencia na Unión Europea. No contexto do debate sobre o chamado #Brexit (posible saída de Reino Unido da Unión Europea), Escocia é defensora dunha política internacional non armamentística, anti-nuclear, solidaria e respectuosa que dista moito da visión imperialista do Goberno británico.



Afortunadamente as mostras de respecto e aceptación cara Nicola Sturgeon sucédense dende diversos sectores da prensa americana, empresarial, social e cultural, o que amosa clara a simpatía por unha muller que moitos miran có convencimento de que chegará algún día a liderar unha Nación independente.




Ningún comentario:

Publicar un comentario