No European Policy Centre de Bruxelas tivo lugar a primeira conferencia de Nicola Sturgeon sobre Europa e Escocia no marco da Unión Europea; cúmprense nesta mesma semana 40 anos do primeiro referendo celebrado en Reino Unido, no que se decidiu a permanencia ou non na Comunidade Económica Europea (CEE).
Nun momento no que o futuro de Reino Unido está de novo pendente doutro referendo que terá lugar en 2017, a First Minister de Escocia quixo sentar as bases da posición do pobo escocés en materia europea; Sturgeon afirmou que Escocia só se pode entender coma Estado membro da Unión Europea, que son enormes os beneficios que Escocia acada neste contexto; mais quixo tamén sinalar e alertar que é preciso facer de Europa un lugar mais respectuoso coas autonomias e as realidades dos Estados membros.
Want to know more about the benefits of Scotland's #EU membership? Have a read our booklet: http://t.co/ARl6fgskmY
— ScotGovEurope (@ScotGovEurope) Mayo 31, 2015

A visión sobre a emigración é unha das grandes diferencias entre o Goberno británico e o escocés; a sociedade escocesa está orgullosa da súa multi-culturalidade e para eles os inmigrantes son parte de Escocia, onde teñen igualdade de responsabilidades e beneficios.
Scotland’s commitment to the EU is matched by a commitment to the European Convention of Human Rights says @NicolaSturgeon
— ScotGovEurope (@ScotGovEurope) junio 2, 2015

Nicola Sturgeon tivo tamén palabras de aliento para que se leven a cabo mais accións conxuntas que melloren ao conxunto dos cidadáns europeos, poñendo o roaming coma exemplo; animou a mellorar nas leis de comercio, novas e precisas visións na xestión da pesca, medio ambente, e tratou fixo fincapé na defensa da soberanía de posibles novos Estados nacidos de democráticos procesos de independencia, etc...
Dende xa, o Goberno escocés, empeza a facer campaña para defender a súa permanencia na UE. Por suposto, non é a primeira vez que se menciona esta posibilidade, mais Sturgeon repetíu que a falta de respecto á decisión do pobo escocés por parte do Goberno de Cameron nesta materia, podería ser un motivo mais que contundente para a realización dun segundo referendo de independencia.

Sen dúbida, Escocia se move con seguridade e decisión, con ánimo de reforzar a súa conexión e colaboración internacional, algo que é imprescindible para unha Nación.
@NicolaSturgeon @theSNP addresses the European public in #Brussels now. #Scotland is #Europe, #Europe is #Scotland ! pic.twitter.com/X5fSOK6kX7
— EFA EUROPEANFREEAL. (@EUPARTYEFA) junio 2, 2015
FM @NicolaSturgeon meets with European Commission President Jean-Claude Juncker in Brussels @EU_Commission pic.twitter.com/aKT8QWln9D
— First Minister (@ScotGovFM) junio 2, 2015
Ningún comentario:
Publicar un comentario