mércores, 10 de xuño de 2015

As aventuras do #Team56 en Westminster: Parte 2 #SNP #Scotland #Brexit #ScotlandBill

Xa vai alá un mes dende a inauguración do Parlamento británico dous debates están a ter especial interés para os escoceses. O primeiro é o proxecto de Lei para Escocia (Scotland Bill) e o segundo o proxecto de lei para a convocatoria do Referendo sobre a Unión Europea.

En canto o proxecto de Lei para Escocia, atopamos que os xa diluidos poderes prometidos a Escocia recollidos nas recomendacións da Comisión Smith, dilúense ainda mais. A grande polémica ven pola introducción no Proxecto dos vetos que se propoñen que deixan ao Parlamento escocés en mans e decisións da Oficiña de Estado para Escocia que rexenta o único Tory escocés, David Mundell.
Ainda que o goberno británico insiste en que non existe tal veto coma tal, a letra é clara. As decisións do Parlamento escocés poderán seren aprobadas logo do visto bo da Scotland Office.

(Grazas coma sempre a Peter Curran polos seus videos) 







En canto a Europa, Alex Salmond, responsable de de Relacións Internacionales do grupo parlamentario do SNP, leva a voz cantante nos debates. A preparación do ex-First Minister é tal, que nas bancadas da oposición conservadora non atopan forma de rebatirlle mais que con actitudes despectivas, o cual non deixa de ser sorprendente dada a boa fama dos politicos británicos en canto a preparación.

A abstención dos laboristas en todas as emendas presentadas polo SNP, coma a de permitir o voto aos cidadáns europeos que viven en Reino Unido ou aos xóvenes maiores de 16, aviva os comentarios da inutilidade e a crise de valores do Partido Laborista.

A porta queda xa aberta a un referendo de saida ou permanencia da Unión Europea, e o SNP mantén que non vai facer campaña conxunta con ningún dos partidos que compartiron plataforma contra a independencia de Escocia, decisión que moitos observan aliviados. 







Os deputados do SNP amosan a súa calidade, compromiso e preparación nas súas intervencións e discursos iniciais. Neste fantástico recurso podese acceder a todos eles.

Ningún comentario:

Publicar un comentario