Alex Salmond ven de ser nomeado voceiro do grupo do Scottish National Party para Asuntos Exteriores en Westminster.
Tal e como el mesmo transmitiu mediante twitter, os Asuntos Exteriores, en especial Europa, serán dominantes no Parlamento británico. Varios e importantes obxectivos a cumprir: ademais de promover a causa escocesa no ámbito internacional, o SNP quere ser unha voz pro-Europea, apostar polo desenvolvemento mundial posicionándose clara e rotundamente polo anti-militarismo.
Cun referendo sobre a Unión Europea en camiño, a selección de Alex Salmond vai dinamizar o debate, tamén o relacionado cós dereitos humanos, xa que Cameron, segundo anunciou durante o último congreso conservador, levará adiante os seus plans de derogar a Acta de Dereitos Humanos de Reino Unido. A First Minister Nicola Sturgeon declarou que o Goberno escocés oporáse totalmente a esta derogación e que fará absolutamente todo o necesario para que esta non siga adiante.
Delighted to confirm that @theSNP Foreign Affairs spokesperson at Westminster will be @AlexSalmond #SNP
— Angus Robertson (@ARobertsonSNP) Mayo 13, 2015
Delighted to accept the appointment from @ARobertsonSNP as @theSNP's Foreign Affairs spokesperson at Westminster.
— Alex Salmond (@AlexSalmond) Mayo 13, 2015
— Alex Salmond (@AlexSalmond) Mayo 13, 2015
We'll provide a strong, consistent #SNP voice which is:
- pro-Europe
- pro-developing world
- against military adventurism
— Alex Salmond (@AlexSalmond) Mayo 13, 2015
Ningún comentario:
Publicar un comentario