domingo, 3 de maio de 2015

O fenomeno Nicola Sturgeon #Scotland #SNP #spanishpress #GE2015

Che Nicola
Algunha prensa española (e non só española)  empeza agora a espertar e a decatarse do que está a acontecer en Escocia... alguns artigos falan xa dunha  "auténtica revolución" ainda con caras de sorpresa e de non entender nada... pero como é posible todo isto?


El Confidencial 
La Rioja.com
El Pais - Trident
La Voz de Galicia



Non é de extranar. Os medios de comunicación do Reino Unido tamén están desbordados pola popularidade de Nicola Sturgeon que supera con moito, a de calquera dos outros lideres dos partidos británicos.
Nicola é recibida por milleiros en cada curruncho de Escocia  que visita. Todo o mundo quere falar con ela, sacarse fotos; ela é natural, cercana... de feito,  prometeu, na súa toma de posesión, ser "a Primeira Ministra mais achegada ao pobo que ningún antes". E ata o de agora, cumple a súa promesa con creces.


Glasgow, presentación do manifesto das mulleres
Dende a primeira vez que que a vin, sempre a recordo en primeira linea, na rúa, coa xente, mezclándose con ela, escoitando, atendendo, tendendo a man.

Lider nata, leva a voz do pobo, das mulleres, da anti-austeridade e da unidade como discurso e bandeira:  "Fagamos sentir a nosa voz mais forte que nunca en Westminster", repite.

En Londres observan sorprendidos e tremen xa as consecuencias de cómo o unionismo xestionou o referendo, as consecuencias da falsedade do Vow que afecta directísima e especialmente ao laborismo; os laboristas pagarán un prezo altísimo polo incumprimento das promesas feitas á desesperada e polo seu romance cos conservadores.

 A campaña de insultos sexistas e ultraxantes dende a prensa inglesa e unionista contra a súa lider, rematou por ser o sinal de alarma para que o pobo enteiro defenda á primeira muller que ostenta o cargo de First Minister de Escocia, e que defenden con orgullo. 

Outra das estúpidas estratexias do laborismo de facer do seu programa electoral un único punto ("O SNP é malo, que malo que é o SNP"), non fai mais que aumentar o número de membros no Scottish National Party, que sobrepasan xa os 104.000. Hai mais membros no SNP que no exército británico...

Inverness (Scotland)
A oferta dunha alternativa contra a pobreza, contra os recortes, de defensa dos mais débiles, da muller, dos nenos, dos ancianos, dos inmigrantes, dos dereitos humanos, de políticas internacionais mais xustas e respectuosas, e a reivindicación da non renovación de Trident van camiño de facer que a voz de Escocia resoe mais forte que nunca e con mais argumentos e convencimento que nunca en Reino Unido. Da igual o que decida Miliband, da igual o que diga Cameron, Escocia está camiño da súa digna liberación, e nada nen ninguén vai poder paralo xa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario