venres, 22 de maio de 2015

Carmichael, o (ir) responsable // Carmichael is (ir) responsible #frenchleak #memoleak #LibDem


Pouco despois de que Nicola Sturgeon conseguira una clara victoria no primeiro debate de 7 líderes durante a campaña electoral de Reino Unido, o Telegraph filtraba unha nota anunciando unha falsa conversa entre a First Minister e a Embaixadora de Francia. Pronto se tivo a certeza de que dita filtración, desmentida contundentemente por ámbalas dúas, tiña a súa orixe na oficina de Estado para Escocia (Scotland Office).

Nese momento, Alistair Carmichael, Liberal Demócrata que ocupaba o posto de Secretario de Estado da Scotland Office, negaba a maior, ainda que decía ser o responsable do Departamento. 


Hoxe, a prensa facíase eco da carta enviada por Alistair Carmichael (agora ex-Secretario e recén re-electo deputado por Orkney) á Primeira Ministra e lider do SNP, Nicola Sturgeon, na que asumía totalmente a responsabilidade da filtración. 



Carmichael xa estivera envolto en polémica durante #indyref, por ser considerado o responsable da campaña encuberta para forzar un voto negativo á independencia, alentando interferencias realizadas dende as embaixadas e Altos Comisionados de todo o mundo, e solicitando intervencións e declaracións a dirixentes políticos.

Nicola Sturgeon fixo pública a carta enviada por Carmichael o mesmo día que se publica a investigación oficial sobre un caso que xenerou moito ruxe-ruxe; dita filtración foi utilizada pola maior parte dos medios convencionais informativos en contra de Sturgeon ainda que ás poucas horas da filtración, era mais que evidente que os suxos trucos utilizados durante #indyref, estaban sendo utilizados nas Eleccións Xerais de novo.

Sturgeon aceptou as disculpas, pero dixo ben seguro había moita xente moi defraudada, aqueles que o día 7 de maio votaron por el coa convicción de que Carmichael non tiña nada que ver con este tema, e que debería considerar a súa posición e dimitir.






http://www.bbc.com/news/uk-scotland-scotland-politics-32849065

E a pregunta agora é: dimitirá Alistair Carmichael e entregará a súa acta de deputado? Ou simplemente deixará pasar os días a que se calme a tormenta e a xente esqueza esta triquiñuela que posiblemente lle tería costado a re-elección, caso de terse sabido antes?

Duas peticións, unha en change.org e outra en 38degrees.org xa están en funcionamento e levan recollidas miles de firmas en poucas horas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario