Uff... por onde empezo... hai tanto de contar!
Nestes días, tivo lugar o discurso da Raiña de Inglaterra, que oficializa as políticas que o Goberno británico vai levar a cabo. Neste caso, severas políticas de austeridade e recortes en dereitos civiles, dereitos sindicais e exhaustivo (e discriminatorio e mesmo racista) control da inmigración. O goberno británico ratificaba, en voz da Raiña, a realización dun referendo en 2017 sobre a permanencia ou non de Reino Unido na Unión Europea.
Nestes días, tivo lugar o discurso da Raiña de Inglaterra, que oficializa as políticas que o Goberno británico vai levar a cabo. Neste caso, severas políticas de austeridade e recortes en dereitos civiles, dereitos sindicais e exhaustivo (e discriminatorio e mesmo racista) control da inmigración. O goberno británico ratificaba, en voz da Raiña, a realización dun referendo en 2017 sobre a permanencia ou non de Reino Unido na Unión Europea.
@s deputad@s do SNP anunciaron que vestirían, como símbolo da Escocia á que representan, a rosa blanca nas solapas dos seus traxes. A rosa branca, é un importante símbolo da resistencia escocesa contra os ingleses do tempo dos Xacobitas (que por certo relata moi acertadamente a serie Outlander...); este xesto non pasou desapercibido e deixou moitas imaxes, videos e comentarios nas redes, algúns deles convertidos en divertidos memes.
Adiviñade quen está cumplindo coas súas obrigas parlamentarias dende o minuto 1... #Team56 #SNP pic.twitter.com/bK3QI1fgEQ
— Pilar Fernandez (@pilaraymara) Mayo 27, 2015
É moi interesante reseñar que tod@s eles insisten nunha importantísima cuestión: a diferencia entre o nacionalismo e o nacionalismo cívico.
E precisamente por isto último, os membros do #SNP que están dispostos a cumplir coas súas responsabilidades como representantes dos seus votantes e permanencen activos nas redes, e nos informáron de que razón de pelexar polos asentos non é unha tontería, senón que ven dada por un problema de capacidade da propia Cámara, construida así apropósito, na que caben apenas 400 dos mais de 600 deputados británicos e polo que basicamente, se non espabilas, non tes dereito a falar; Os 56 deputados, sendo a terceira forza política teñen os seus lugares ben definidos mais algúns laboristas non aceptan aos grandes protagonistas da lexislatura; o #Team56 está xa facendo as delicias dos escoceses, e ben seguro van deixar moitos bos e duros debates nesta Cámara dos Comúns que esmorecía de aburrimento.
Making my first speech in the Foreign Affairs debate on Monday, in my role as #SNP Westminster group spokesperson on Int. Trade & Investment
— Tasmina Sheikh MP (@TasminaSheikh) Mayo 28, 2015
E aquí vos deixo as primeiras palabras de agradecemento do Speaker, que onte lles chamou a atención por aplaudir, e hoxe se emocionaba polo comportamento e respecto dos deputados escoceses na Cámara, permanecendo durante totas as intervencións namentras laboristas e tories están ausentes dos discursos dos seus propios compañeiros de partido...
— Pilar Fernandez (@pilaraymara) Mayo 28, 2015
#SNP MPs in the chamber for one of the first debates of this parliament on safety of Trident nuclear weapons pic.twitter.com/oKwsyKlRyY
— Alex Salmond (@AlexSalmond) Mayo 28, 2015
E por último contarvos que da publicación hoxe do Proxecto de Lei para Escocia onde se anunciaron os supostos novos poderes para a Autonomía, vai traer, como era de prever, moito conflicto. As xa licuadas recomendacións da Comisión Smith chegaron a Westminter... que ainda as licuaron mais, nada de "Home Rule", quasi federalismo ou semellantes... e iso, como ben podedes intuir, non é bón...
Importantes vacíos no Proxecto de Lei para Escocia. O Goberno escocés denuncia ao menos 8 vetos ao longo do texto http://t.co/AiEOBMxKHm
— Pilar Fernandez (@pilaraymara) Mayo 28, 2015
Ningún comentario:
Publicar un comentario