xoves, 28 de maio de 2015

As aventuras do #Team56 en #Westminster - Parte 1 #Scotland #SNP

Uff... por onde empezo... hai tanto de contar!
Nestes días, tivo lugar o discurso da Raiña de Inglaterra, que oficializa as políticas que o Goberno británico vai levar a cabo. Neste caso, severas políticas de austeridade e recortes en dereitos civiles, dereitos sindicais e exhaustivo (e discriminatorio e mesmo racista) control da inmigración. O goberno británico ratificaba, en voz da Raiña, a realización dun referendo en 2017 sobre a permanencia ou non de Reino Unido na Unión Europea.

@s deputad@s do SNP anunciaron que vestirían, como símbolo da Escocia á que representan,  a rosa blanca nas solapas dos seus traxes. A rosa branca, é un importante símbolo da resistencia escocesa contra os ingleses do tempo dos Xacobitas (que por certo relata moi acertadamente a serie Outlander...); este xesto non pasou desapercibido e deixou moitas imaxes, videos e comentarios nas redes, algúns deles convertidos en divertidos memes.

Despois do discurso da Raiña, con toda a pompa e exceso que moitos catalogan coma un insulto ao pobo polos índices de pobreza e as medidas anunciando moita mais austeridade, comenzou o debate que nos está deixando discursos fermosos coma o de Stephen Gethins,Tommy Sheppard, Brendan O'Hara, ou Joanna Cherry e a primeira intervención de Alex Salmond no debate sobre os serios problemas de seguridade do armamento nuclear existente en Clyde (Escocia), mais coñecido coma Trident.


É moi interesante reseñar que tod@s eles insisten nunha importantísima cuestión: a diferencia entre o nacionalismo e o nacionalismo cívico.









 


O chamado #team56 (Equipo 56) que dende o minuto 1 están traballando arreo e informando constantemente de todos os seus pasos, están tamén envoltos nunha frívola e malintencionada campaña mediática por romper as normas da Cámara dos Comúns tales coma aplaudir, facerse selfies, e pelexar polos asentos...

E precisamente por isto último, os membros do #SNP que están dispostos a cumplir coas súas responsabilidades como representantes dos seus votantes e permanencen activos nas redes, e nos   informáron de que razón de pelexar polos asentos non é unha tontería, senón que ven dada por un problema de capacidade da propia Cámara, construida así apropósito, na que caben apenas 400 dos mais de 600 deputados británicos e  polo que basicamente, se non espabilas, non tes dereito a falar;  Os 56 deputados, sendo a terceira forza política teñen os seus lugares ben definidos mais  algúns laboristas non aceptan aos grandes protagonistas da lexislatura; o #Team56  está xa facendo as delicias dos escoceses, e ben seguro van deixar moitos bos e duros debates nesta Cámara dos Comúns que esmorecía de aburrimento.



E aquí vos deixo as primeiras palabras de agradecemento do Speaker, que onte lles chamou a atención por aplaudir, e hoxe se emocionaba polo comportamento e respecto dos deputados escoceses na Cámara, permanecendo durante totas as intervencións namentras laboristas e tories están ausentes dos discursos dos seus propios compañeiros de partido...



E por último contarvos que da publicación hoxe do Proxecto de Lei para Escocia onde se anunciaron os supostos novos poderes para a Autonomía, vai traer, como era de prever, moito conflicto. As xa licuadas recomendacións da Comisión Smith chegaron a Westminter... que ainda as licuaron mais, nada de "Home Rule", quasi federalismo ou semellantes... e iso, como ben podedes intuir,  non é bón...







First Minister's Questions - Scottish Parliament: 28th May 2015 #fmqs #Scotland #ScotlandBill

Rebélate contra o terrorismo machista #Muller #ViolenciadeXénero #Women #SendoffSexism #Machismo

Rebel against sexist terrorism

venres, 22 de maio de 2015

Carmichael, o (ir) responsable // Carmichael is (ir) responsible #frenchleak #memoleak #LibDem


Pouco despois de que Nicola Sturgeon conseguira una clara victoria no primeiro debate de 7 líderes durante a campaña electoral de Reino Unido, o Telegraph filtraba unha nota anunciando unha falsa conversa entre a First Minister e a Embaixadora de Francia. Pronto se tivo a certeza de que dita filtración, desmentida contundentemente por ámbalas dúas, tiña a súa orixe na oficina de Estado para Escocia (Scotland Office).

Nese momento, Alistair Carmichael, Liberal Demócrata que ocupaba o posto de Secretario de Estado da Scotland Office, negaba a maior, ainda que decía ser o responsable do Departamento. 


Hoxe, a prensa facíase eco da carta enviada por Alistair Carmichael (agora ex-Secretario e recén re-electo deputado por Orkney) á Primeira Ministra e lider do SNP, Nicola Sturgeon, na que asumía totalmente a responsabilidade da filtración. 



Carmichael xa estivera envolto en polémica durante #indyref, por ser considerado o responsable da campaña encuberta para forzar un voto negativo á independencia, alentando interferencias realizadas dende as embaixadas e Altos Comisionados de todo o mundo, e solicitando intervencións e declaracións a dirixentes políticos.

Nicola Sturgeon fixo pública a carta enviada por Carmichael o mesmo día que se publica a investigación oficial sobre un caso que xenerou moito ruxe-ruxe; dita filtración foi utilizada pola maior parte dos medios convencionais informativos en contra de Sturgeon ainda que ás poucas horas da filtración, era mais que evidente que os suxos trucos utilizados durante #indyref, estaban sendo utilizados nas Eleccións Xerais de novo.

Sturgeon aceptou as disculpas, pero dixo ben seguro había moita xente moi defraudada, aqueles que o día 7 de maio votaron por el coa convicción de que Carmichael non tiña nada que ver con este tema, e que debería considerar a súa posición e dimitir.






http://www.bbc.com/news/uk-scotland-scotland-politics-32849065

E a pregunta agora é: dimitirá Alistair Carmichael e entregará a súa acta de deputado? Ou simplemente deixará pasar os días a que se calme a tormenta e a xente esqueza esta triquiñuela que posiblemente lle tería costado a re-elección, caso de terse sabido antes?

Duas peticións, unha en change.org e outra en 38degrees.org xa están en funcionamento e levan recollidas miles de firmas en poucas horas.


" O xeito sen Dereito" #Pesca #Xeito #Galiza #Fishing

martes, 19 de maio de 2015

Referendo en Irlanda o 22 de Maio #LGBTQ #IrelandVoteYes #equality

O vindeiro 22 de maio, Irlanda votará en referendo si se legaliza ou non o matrimonio entre persoas do mesmo sexo. Aquí algúns dos carteis de campaña pedindo o YES. No twitter recollense as ideas co hastag #IrelandVoteYes.

Non tardaron en chegar mostras de solidariedade dende o Reino Unido, e seis deputados gais e lesbianas do SNP urxiron hoxe dende Londres a votar SI aos seus amigos irlandeses.


 E vos, que votaríades?



Letras Galegas 2015 - 6º de EI do CEIP de Frións #GalicianLiteratureDay




Publicado no blog de Carlos Callón. Grazas por compartir esta fermosura!

http://www.carloscallon.com/2015/05/quen-son.html

sábado, 16 de maio de 2015

Dimite Jim Murphy, lider do Scottish Labour Party // Jim Murphy resigns #ScottishLabourParty #Scotland

Era visto. O lider do Scottish Labour Party non podía manterse moito mais no posto, e menos despois do desastroso resultado electoral do pasado 7 de maio. As súas intencións eran aguantar o tirón e presentarse como candidato a First Minister nas eleccións a Holyrood en maio de 2016.

It was obvious. The leader of the Scottish Labour party could not stay in the job any longer, especially after the disastrous electoral result of last 7th of May.  His intention was to weather the storm and postulate as candidate for First Minister at the next Holyrood elections in May of 2016.



Tal e como aconteceu coa sua antecesora, a presión puido mais que as intencións de continuar. Tal e como expliquei neste blog hai meses, Jim Murphy hai tempo que estaba sentenciado. Era predecible.

As happened with his predecessor, the pressure was greater than his intention of continuing. As I explained in this blog months ago, Jim Murphy had been sentenced a long time ago. It was predictable. 

Cada vez soan mais forte as voces que reclaman independencia do partido e poñer distancia da Central de Londres, algo que non deixa de ser irónico... despois de pedir o voto en contra da independencia.

There are many voices claiming for independence and putting distance between themselves and the Central party in London, which is ironic... after asking for a vote against independence...

Nunhas semanas empezarán a soar candidatos en firme para tentar renovar o partido que hai tantos anos representaba aos traballadores, pero que agora non só se alonxou deles, senón que debe rectificar o terrible erro (catalogado por moitos como traición) de ter feito campaña cós Tories durante o referendo. Algo, que muy difícilmente poida ser esquecido nunca en Escocia.

In the weeks ahead they will start to know firm candidates who'll try to renew the party, that years ago used to be the best representative of workers and today, is not only far away from them, but  also must rectify the mistake (considered by many as treason) of campaigning shoulder to shoulder with the Tories during the referendum campaign. That is something that will possibly never be forgotten in Scotland.

News in Spain about it:

http://www.lavanguardia.com/politica/20150516/54431676668/el-lider-del-partido-laborista-escoces-dimite-tras-el-desastre-electoral.html

http://www.telecinco.es/informativos/internacional/Partido_Laborista-Escocia-Reino_Unido_0_1988175155.html 

http://ecodiario.eleconomista.es/europa/noticias/6715997/05/15/Dimite-el-lider-laborista-en-Escocia-Jim-Murphy.html#.Kku8nh3Eu5Yypqk 






xoves, 14 de maio de 2015

Scotland and Catalonia in Europe #EFA #Europe #Scotland #Catalonia #EU


Very interesting video from the Director of  EFA, Gunther Dauwen,  about  news Nations in the EU  (Scotland and Catalonia cases)

Moi interesante video do Director da  EF, Günther Dauwen, sobre novas Nacións na Unión Europea.



EFA Director Gunther Dauwen explains why Spain and the UK could be shooting their own feet if they were to veto independent Catalonia and Scotland.#Fragmegration #ideasforeurope
Posted by EUROPEAN FREE ALLIANCE on Miércoles, 13 de mayo de 2015
 

RECOMENDADO: Eira da Xoana organiza o "Dia da diversidade Natural e Cultural" #16Maio


  • ROTEIRO. Ás 11.30 quedamos no equipamento da Eira da Xoana coa idea de desprazarnos de maneira colectiva nalgúns dos coches particulares ata o Castelo de Pambre. Dende alí iniciaremos a camiñata cara o Castro de Remonde ás 12.00 horas. Se o prefires, podes achegarte directamente ao Castelo de Pambre no teu coche para incorporarte ao roteiro.

  • ACTO DE PRESENTACIÓN DA PRIMEIRA PUBLICACIÓN DIVULGATIVA DO CASTRO DE REMONDE. Situados nos terreos do castro, terá lugar este acto no que se dará a coñecer e repartirá esta publicación inédita e de gran interese para dar a coñecer e revalorizar o Castro de Remonde. Este folleto acaba de editarse á inciativa de ADEGA e A Eira da Xoana grazas á colaboración da Vicepresidencia Primeira de Cultura e Turismo de Lugo.

  • XANTAR MULTICULTURAL DE CONVIVIO. Cadaquen traerá o seu para compartir. Se coñeces algunha receita de cociña típica doutras culturas, animámosche a que a traias ese día para a súa degustación colectiva.

  • ACTO LITERARIO E MUSICAL. Se queres participar no acto lendo algún texto en prosa ou verso en galego ou noutros idiomas, interpretar algunha peza musical galega ou doutras culturas, ou mesmo compartir algunha experiencia ou vivencia doutros lugares do mundo , ponte en contacto con Pepe ou Marcial ou escríbenos un correo a eiradaxoanadega@gmail.com. Iniciará as intervencións Pepe Paz, quen compartirá connosco as súas experiencias na India. É un home ligado nese país á Universidade tagoriana, Rabindranat Tagore, e que ademáis, ten alá arranxada unha Casa de Galiza para quen quixera ir
 http://eiradaxoana.com/

Queremos galego / We want Galician #queremosgalego #17Maio #GalicianLiteratureDay

 QUEREMOS GALEGO

Mobilizacións 17 de maio de 2015, ás 12h 
Vigo: Cruce da Vía Norte con Urzaiz.
Santiago de Compostela: Praza das Pratarías.
Ferrol: Praza do Cruceiro (Canido)
A Coruña: Diante do Teatro Rosalía (Rego da Auga)
Pontevedra: Praza da Peregrina
Lugo:11.30 Praza Anxo Fernández (tras o concello)
Ribadeo: Catro Rúas
Ourense: Praza da Imprenta

First Minister's Questions - Scottish Parliament: 14th May 2015 #fmqs #Scotland

RECOMENDADO: Irmandade TV arranca de novo #Medios #MediosenGalego #TV #Galiza

Support Bella Caledonia #media #Scotland #Indyref #debate #Scottishmedia

#Team56 #SNP in Sermos Galiza #GE2015 #Galicianpress #Scotland

'The forceful voice of Scotland'
My article about the historic victory of the Scottish National Party, published today in Sermos Galiza.
'A contundente voz de Escocia'
O meu artigo sobre a histórica victoria do Scottish National Party, publicado hoxe en Sermos Galiza.


mércores, 13 de maio de 2015

O novo rol de Alex Salmond // A new role for Alex Salmond #ForeignAffairs #the56 #Team56 #SNP #Scotland


Alex Salmond ven de ser nomeado voceiro do grupo do Scottish National Party para Asuntos Exteriores en Westminster. 

Tal e como el mesmo transmitiu mediante twitter, os Asuntos Exteriores, en especial Europa, serán dominantes no Parlamento británico. Varios e importantes obxectivos a cumprir:  ademais de promover a causa escocesa no ámbito internacional, o SNP quere ser unha voz pro-Europea, apostar polo desenvolvemento mundial posicionándose clara e rotundamente polo anti-militarismo.

 
Cun referendo sobre a Unión Europea en camiño, a selección de Alex Salmond vai dinamizar o debate, tamén o relacionado cós dereitos humanos, xa que Cameron, segundo anunciou durante o último congreso conservador,  levará adiante os seus plans de derogar a Acta de Dereitos Humanos de Reino Unido. A First Minister Nicola Sturgeon declarou que o Goberno escocés oporáse totalmente a esta derogación e que fará absolutamente todo o necesario para que esta non siga adiante.







Flashmob Música Viva #‎CompostelaTerritorioMusical‬

luns, 11 de maio de 2015

Recomendado: O Bierzo en Galego #LetrasGalegas #Letras 2015

O orgullo de Escocia chega a Westminster // The Scottish pride reaches Westminster #theSNP #the56 #Scotland















(Grazas coma sempre a Peter Curran por estes videos) 

O orgullo de Escocia, os 56 deputados do SNP chegaron hoxe a Westminster. Expectación total, cobertura, fotos e declaracións para plasmar xa unha das moitas xornadas históricas que Escocia ven escribindo dende hai anos. Especial cobertura á Mhairi Black, a mais nova deles, pregúntanlle si está nervosa. "Non son eu a que ten que estar nervosa" asegura para pasmo de moitos.

Cameron xa empezou a mover ficha nomeando ao único deputado Tory escocés coma Secretario de Estado para Escocia, posto que anteriormente ostentaba o liberal demócrata Alistair Carmichael. Tan só unhas horas antes, Alex Salmond chamaba a abolir este posto. 
Felicidade e orgullo nas redes. O traballo duro empeza agora. Vai ser divertido.

  SNP comment on Mundell appointment


Noticias en twitter. Bota unha ollada // News in twitter. Have a look:

#spanishpress #basquepress #galicianpress #catalanpress #latinpress

http://www.naiz.eus/es/actualidad/noticia/20150511/sturgeon-recibe-a-los-56-diputados-del-snp-a-su-llegada-a-westminster

http://www.eldiario.es/politica/independentistas-escoceses-aterrizan-Westminster_0_386711985.html

http://www.deia.com/2015/05/11/mundo/-sturgeon-recibe-a-los-nuevos-diputados-escoceses-a-su-llegada-a-westminster-

http://ecodiario.eleconomista.es/politica/noticias/6700791/05/15/Los-independentistas-escoceses-aterrizan-en-Westminster.html 

http://www.sermosgaliza.gal/articulo/internacional/snp-reclamara-poderes-fiscais-na-seguridade-social/20150511103126037264.html 


Relax e saúde / Relaxation and health #music #relax #health #timeoff


sábado, 9 de maio de 2015

A forza da voz de Escocia // The strength of the Scottish voice #SNP #Scotland #Scotlandsvoice #The56

Estes son os 56 mulleres e homes (The 56) presentados pola súa orgullosa e feliz lider e First Minister de Escocia, Nicola Sturgeon. 

These are the 56 women and men (The 56) presented by their proud and happy leader and First Minister of Scotland, Nicola Sturgeon.

Eles e elas son agora a voz dun pobo que falou algo e claro: NON MAIS POLÍTICAS DE AUSTERIDADE, queremos políticas sociais, constructivas, humanas e progresistas. 

They are now the voice of a Nation that spoke loud and clear: NO MORE AUSTERITY POLICIES, we want social policies, constructive , humanitarian and progressive policies.

A voz de Escocia escoitaráse mais que nunca, e mais forte que nunca en Westminster. Unha voz que soará ao unísono para representar a unha nación que non quere ser acalada, nin o será xa nunca mais.

Scotland's voice will be heard more than ever, stronger than ever in Westminister. A voice that will sound in unison to represent a Nation that doesn´t want to be silenced, and they will never more be silent again.

Full speech  


Scotland on the international scenario (News about Scotland ) #Scotland #News #Media

The Scottish Lion goes to Westminster // O león escocés vai a Westminster #spanishpress #GE2015 #SNP








GOOD LUCK TO  ALL! 
BOA SORTE A TOD2S!