A noticia foi publicada onte no xornal inglés conservador Sunday Express mais é
a segunda vez que a vexo recollida na prensa británica.
Presentan o dato
como algo moi factible: os submarinos (armamento) nucleares establecidos en territorio escocés, podería ser "recolocado" en Gibraltar...
nada menos...
(Tende moi en conta quen publica a noticia e que estamos en plena campaña electoral e sucédense cada día centos de noticias intoxicadas para xenerar polémica, moitas delas co fin de xenerar campañas de fume)

Trident é un dos cabalos de batalla nos debates das eleccións xerais en Reino Unido. O Goberno escocés opónse firmemente á súa renovación que supón un gasto nos orzamentos británicos de 100 billóns de libras, ademais do perigo que supón para a poboación. Durante a campaña do referendum, dende a plataforma Yes Scotland transmitiuse a intención de facer de Escocia un país libre de armamento nuclear. Scottish National Party, Scottish Green e Scottish Socialist Party reinvindican e promoven as políticas anti-nucleares.
Os laboristas xa anunciaron a súa intención de votar a favor da renovación de Trident, e alegan (ao igual que os conservadores e os Liberal Demócratas) razóns de seguridade nacional.
Os laboristas xa anunciaron a súa intención de votar a favor da renovación de Trident, e alegan (ao igual que os conservadores e os Liberal Demócratas) razóns de seguridade nacional.
Moitas preguntas dende a prudencia, entre elas, a
"recolocación" de Trident será antes ou despois de gastar 100 billóns de
libras na súa renovación en Escocia?
Ao parecer habería que adecuar a costa de Gibraltar para que os submarinos podan permanecer alí, outros 3 billóns de libras e isto levaría uns 10 anos... que dirá o Goberno español de todo isto? En principio o Ministerio de Defensa británico nega a maior polo que de momento só son conxecturas, pero... e se non o son?

MoD dismisses talk of relocating submarine base to Gib http://t.co/VNp1wAlCH7
— Pilar Fernandez (@pilaraymara) abril 27, 2015
Ningún comentario:
Publicar un comentario