Entramos nos últimos días de campaña electoral e as cousas poñense cada vez mais interesantes en Escocia.
O 54% dos encuestados na última enquisa de TNS di ter pensado votar ao SNP o vindeiro 7 de maio, o que suporía en número de escanos 57 dos 59 que lle corresponden a Escocia no Parlamento de Westminster.
O 54% dos encuestados na última enquisa de TNS di ter pensado votar ao SNP o vindeiro 7 de maio, o que suporía en número de escanos 57 dos 59 que lle corresponden a Escocia no Parlamento de Westminster.
Este inquérito confirma o descalabro do Scottish Labour Party que nin coa visita e continuas promesas de melloras para Escocia do ex-deputado Gordon Brown, mellora na intención de voto.
Na televisión increméntanse as entrevistas aos lideres, e evidentemente, Nicola Sturgeon ocupa grande parte do espazo. A presión dos entrevistadores da BBC tanto na televisión coma na Radio é tal, que moitos vemos que de novo se repite a mesma estratexia utilizada durante a campaña do referendo de independencia. De feito, é moi habitual atoparse aos entrevistadores facendo preguntas e interrumpindo de xeito continuado sin deixar contestar ao entrevistado... Imaxino que a experiencia do referendo reforzou grandemente a xa grande capacidade da Primeira Ministra de Escocia de enfrentar estas situacións, o que lle permite sair airosa de todas as encrucilladas.
Nicola Sturgeon's party is on course to take 57 seats in Scotland at the Westminster election http://t.co/7HMapMfbJR
— STV News (@STVNews) abril 27, 2015
A renovación de Trident continua sendo un dos cabalos de batalla para a política de Reino Unido. Os Scottish National Party e outros partidos escoceses opóñense firmemente ao que suporía un gasto de 100 billóns de libras durante 30 anos nos orzamentos británicos. Os laboristas non se definen e mesmo teñen debate interno. Este importante asúnto participa tamén no programa de estratexia do medo que todos os partidos unionistas utilizan. A suposta "indefensión" na que quedaría o Reino Unido no caso de facer desaparecer Trident é o principal argumento. De feito, hoxe mesmo, voces dende o estamento militar aseguran que facer desaparecer Trident sería (entre outras cousas) unha aposta arriscada, e claman pola súa continuidade.
20 former military chiefs have signed a letter which says a decision to scrap Trident would be "an enormous gamble". pic.twitter.com/yz4lzDHk1L
— UK News (@NewsLine247) abril 29, 2015
Nicola Sturgeon contestou nesta entrevista na BBC de hoxe a estas voces, chamando á cordura explicando que o que Reino Unido precisa son forzas convencionais ben preparadas, que estas estánse vendo comprometidas pola obsesión de manter o enorme gasto de Trident,que é mais un símbolo de Estado que non unha protección real para o país.
Explicou que centos de países no mundo non dispoñen de armamento nuclear e engadiuque un pais como Reino Unido, sendo unha nación marítima carece sequera dunha patrulla aérea martima (menciona a polémica e conflicto dos avións e portavións rusos en costas de Reino Unido) e insiste en que se precisa forzas convencionais fortes e non armas nucleares.
Namentras, Jim Murphy, o lider do Scottish Labour, ven de participar no programa matutino de Radio Scotland "Call Kaye" no que sorprendentemente suxeriu que de conseguir Cameron escanos sen maioría absoluta, e ainda que o Labour Party teña oportunidade de facer Goberno coa axuda do SNP, Cameron repetiría no Goberno. O SNP ten deixado moi claro, en moitas ocasións, que nunca permitiría que Cameron repita no Goberno, e tendeu a man ao laborismo para bloquear esta posibilidade.
Mais o laborismo semella contemplar cada vez mais a rumoreada Grande Coalición. Sería mellor que chegar a un acordo co Scottish National Party? A Grande Coalición ten trazas de convertirse en realidade.
Ao fin e ao cabo, poderíamos xogar ao "atopa as 8 grandes diferencias" entre Labour e Conservative, non si?
Mais o laborismo semella contemplar cada vez mais a rumoreada Grande Coalición. Sería mellor que chegar a un acordo co Scottish National Party? A Grande Coalición ten trazas de convertirse en realidade.
Ao fin e ao cabo, poderíamos xogar ao "atopa as 8 grandes diferencias" entre Labour e Conservative, non si?
''If David Cameron has the most seats it is very likely that he will form the next Government'' Wow, Jim. #callkaye
— Kirsty Strickland (@Mrsjackdaniels) abril 29, 2015
O Scottish Labour Party continúa perdendo apoios, e terá que enfrentarse seriamente a unha clara renovación ou desaparecer despois das eleccións xerais, pero dende os seus voceiros, as únicas consignas que se manteñen de momento é "o SNP é malo, todo o que fai o SNP é malo, o SNP roubounos o noso programa electoral (!!!!!) e o SNP quere romper Reino Unido porque é independentista).
Entretanto escribo este post, a ITV ven de publicar unha última enquisa concedendo ao SNP todos e cada un dos 59 escanos escoceses en Westminster... por suposto dende o SNP chaman á prudencia e a precaución e a continuar o traballo duro para facer realidade estes vaticinios.
Entretanto escribo este post, a ITV ven de publicar unha última enquisa concedendo ao SNP todos e cada un dos 59 escanos escoceses en Westminster... por suposto dende o SNP chaman á prudencia e a precaución e a continuar o traballo duro para facer realidade estes vaticinios.
Nicola Sturgeon: "The STV poll is great - but we have to be cautious" http://t.co/QIzFASGd7I pic.twitter.com/l94u3JhKkr
— ITV News (@itvnews) abril 29, 2015
Pouco mais dunha semana para que teña lugar o voto. Moito que acontecer, moito xogo suxo que ver na prensa, seguro que algún as na manga dos candidatos... pero o que está claro é que sexa cal sexa o resultado, Escocia será motivo de estudo en Ciencias Políticas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario