sábado, 4 de abril de 2015

Onde a verdade se agacha: as suxas manobras contra Nicola Sturgeon #bias #media #dirtytricks #GE2015

E aquí estamos de novo. Outra vez o Proxecto Medo, outra vez os ataques na sombra, o todo vale, neste caso para atacar o bo nome e a reputación de Nicola Sturgeon, e a un mes das Eleccións Xerais do 7 de Maio en Reino Unido.

Trucos coma estes non son descoñecidos. Centos de noticias falsas ou non contrastadas foron inventadas,  filtradas e publicadas para facer axudar á campaña unionista.




O "xornal" The Telegraph, publicou onte a noticia de que Nicola Sturgeon puido amosar a súa preferencia da permanencia de Cameron ante o Embaixador francés, cousa que ela, rápidamente negou vía twitter.

Voces do partido laborista recibiron a noticia participando en tropel nas redes, algún deles mesmo antes de que a noticia fose publicada, e tan só anunciada polo xornalista que a redactou.

Ao parecer, a noticia foi filtrada por un funcionario británico da Foreign Office, segundo confirma o Financial Times.


Para min está moi claro, cando a First Minister de Escocia di que algo é 100% falso, ten total credibilidade para mín, mais ainda, cando o xornalista/s que publican unha noticia nin sequera teñen o decoro e a ética xornalística de preguntarlles se é certo (e mais cando mesmo tivo oportunidade de ouro horas antes)  para tan sequera permitir que poidan negalo ou negarse a contestar!


O xornalista do The Guardian en Escocia, Severin Carrell,  e o presentador da BBC James Cook, consultaron có consulado francés quen negou categóricamente a noticia publicada polo Telegraph



Hai tan só uns días na Conferencia Anual do SNP, Nicola Sturgeon, como lider que é deixou moi clara a postura seu partido en materia de posibles coalicións ou votos de favor en Westminster. "Deixademe ser clara como o cristal - dicía - O SNP non vai poñer aos Tories no poder, non agora, NUNCA!"


E ainda con todos os rotundos desmentidos, O Telegraph non só continuou coa publición da nota que revela "supostamente" a base da noticia senón que ademais, evitou publicar as declaracións de Nicola Sturgeon e da Embaixada francesa.




A prensa inglesa,  que está que non cesa de atacar aos partidos políticos que promoven  políticas anti-austeridade (SNP, Plaid e Greens),  están poñendo especial empeño en tratar de ensuxar o nome da primeira muller que dirixe a Nación escocesa. Moito medo teñen.



A quén beneficia esta non-noticia aparecida a menos de 24 horas dunha indiscutible victoria de Nicola Sturgeon no debate político na ITV?  Pois está claro que ao Partido Laborista escocés.

E é que temos demasiadas probas das manobras das que son capaces para lograr un obxectivo... e durante dous anos continuados os escoceses viviron demasiadas historias coma esta,  non si, Gordon Brown?




Ningún comentario:

Publicar un comentario