mércores, 4 de marzo de 2015

Lord Ashcroft ratifica os seus vaticinios: o SNP preparado para o seu desembarco en Westminster #GE2015 #Escocia #TheSNP

A última enquisa de Lord Ashcroft acaba de ser publicada. E como na anterior, os resultados do SNP nas vindeiras Eleccións Xerais en Reino Unido, preséntanse como únicos e históricos. De feito, de 59 deputados para Escocia, 56 irían hipotéticamente a parar ao Scottish National Party.


Lord Ashcroft amosa que os laboristas e os conservadores mantéñense á par no contexto global de Reino Unido, mais en Escocia, e perdendo con rotundidade os escanos de Gordon Brown e Alistair Darling (as cabezas mais visibles do Better Together), só o escano de Jim Murphy, o presente lider do Scottish Labour, parece salvarse da queima polos pelos.

Brown e Darling xa anunciaron que non repetirían como candidatos nas súas circunscripcións; pero Glasgow xa ten cor amarela, e o que antes eran bastións laboristas, son agora potenciais feudos do SNP.
Duro golpe para os xa chamados "Red Tories" que maila ter todos os medios de comunicación ao seu lado, non deixan de cometer erros estratéxicos que lles impiden acadar unha recuperación en aceptación social.

Voces do SNP, ainda que a valoran positivamente,  chaman a continuar o arduo traballo e non tomar por garante os resultados desta enquisa que todo o mundo respeta, pero que non deixa de ser unha enquisa. O vindeiro 7 de maio serán as votacións e ese será o resultado válido.




Lord Ashcrotf  Polls:

http://lordashcroftpolls.com/

http://lordashcroftpolls.com/2015/03/campaign-state-play-plus-latest-marginals/#more-7639

http://lordashcroftpolls.com/wp-content/uploads/2015/03/MAA-4-March-presentation-for-website.pdf


Media// Prensa:










Ningún comentario:

Publicar un comentario