A medida que as elección xerais do 7 de maio se achegan, a preocupación sobre as consecuencias de como o bando unionista gañou o referendo en Escocia levan a Londres a moverse.
Gordon Brown volve á palestra cun novo plan de "revolución económica" que inclúe atallar a crise do petróleo do Mar do Norte. Este interés de Gordon Brown de aparecer coma El Salvador cada vez que o laborismo está en apretos (e en Escocia está en grandes apretos), levanos instantáneamente a lembrar outros plans e "Vows" feitos por Gordon Brown.
As mesmas promesas feitas durante a campaña do referendo, repetíronse cando presentou a campaña do Scottish Labour: mais poderes, extensos poderes, casi federalismo.... promesas, promesas, promesas...
Curiosamente o plan que presenta Gordon Brown xa fora proposto e defendido no White Paper polo Goberno do SNP; e foi rexeitado e criticado duramente en sesión parlamentar polo partido laborista escocés en voz do seu deputado e ex-lider laborista Ian Gray

Temos visto nestes días deputados decindo que o Partido Laborista non debería descartar unha "grande coalición", ata outros pedindo un "voto táctico" para parar ao SNP
Pero si a presenza de Gordon Brown na política escocesa é pouco menos que un comic, as campañas dirixidas dende o Goberno de coalición (Tory-Lib Dem) non son mellores.
Onte saltou nas redes a última campaña e eslogan do Goberno británico, que pretende encher con faixas e bandeiras da Unión todo o territorio escocés (pontes, estradas, etc...) provocando unha resposta quasi instantánea.... Aquí tedes unhas mostras da campaña e as réplicas populares. Estaremos atent@s nestes días. Va ser divertido.



.jpg)



Ningún comentario:
Publicar un comentario